escola_infantil_galina_azul_zas

A Escola Infantil de Zas ofrecerá 38 prazas unha vez rematadas as obras de ampliación

As xestións entre o Concello e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar comezaron hai meses 
 

 

A Escola Infantil de Zas, que pertence á rede pública A Galiña Azul, ofrecerá 38 prazas para nenos e nenas cero a tres anos unha vez que rematen as obras de ampliación previstas. As xestións entre o Concello de Zas e Consellería de Polítca Social da Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, comezaron meses atrás e previsiblemente a vindeira semana rematarase a redacción do proxecto de ampliación para que, unha vez aprobado polo Consorcio, se inicie o proceso de licitación das obras.

Os traballos de ampliación da escola infantil realizaranse no primeiro andar do edificio actual co fin de que o proceso de execución das obras non interrompa o día a día do centro. Entre as melloras a realizar destacan a colocación dun ascensor, a creación dunha cociña totalmente equipada e construcción dunhas salas máis amplas. Con esta ampliación a escola infantil de Zas sobe de categoría en canto ao número de usuarios e o número de prazas ofertadas distribuiranse da seguinte maneira:

  • De 0 a 1 anos: 7 prazas
  • De 1 a 2 anos: 12 prazas
  • De 2 a 3 anos: 19 prazas

Segundo explica o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, “estas obras de ampliación traduciranse, por unha parte, nun notable incremento do número de prazas ofertadas xa que pasamos de 28 a 38 e, por outra, nunha mellora na prestación do servizo”. O Concello de Zas financiará con fondos propios a inversión prevista para estas obras. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 November, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou hoxe a exposición ‘Castelao Grafista (facsímile)’, unha importante mostra que afonda na d...
17 November, 2026
O Centro Sociocultural de Baio do Concello de Zas acollerá a exposición ‘Castelao Grafista (facsímile)’, unha proposta cultural qu...
16 November, 2026
O Concello de Zas organiza un programa especial de actividades con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da V...
14 November, 2026
As obras de renovación integral da praza do Concello de Zas e das rúas da súa contorna avanzan a bo ritmo, cumprindo co obxectivo ...
6 November, 2026
O histórico Pazo das Torres do Allo volverá ser este outono o epicentro da festa e da tradición na Costa da Morte. O Concello de Z...
5 November, 2026
O Goberno municipal de Zas anuncia a convocatoria de 180 bolsas de axuda ao estudo para o curso 2026/2027. Estas subvencións están...