casa_concello_zas_peche_abanca

Os Alcaldes de Zas, Vimianzo e A Baña solicitan unha entrevista co Presidente da Xunta de Galicia para evitar o peche de oficinas de Abanca

  • Consideran que o Goberno galego é o único con capacidade para “falar de ti a ti” coa entidade financieira 
  • Esta é unha das primeiras medidas conxuntas que levarán a cabo nos vindeiros días

 

 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, en representación da Alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; e do Alcalde de A Baña, José Antonio Pereira; vén de realizar a solicitude dunha entrevista co Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, co fin de abordar o peche das oficinas de Abanca situadas en Zas, Baíñas e A Baña e intentar que medie para que a entidade bancaria reconsidere a súa decisión.

“Queremos ter unha reunión con Feijóo para que nos axude e se poña á fronte das reivindicacións”, sinalou o rexedor de Zas durante a rolda de prensa que ofreceron onte os tres alcaldes para anunciar as medidas conxuntas que se levarán a cabo co fin de evitar o peche destas oficinas. “É o presidente de todos os galegos e galegas, polo que debe de atender a petición de defender aos nosos veciños. Ademáis ten unha responsabilidade moral dado que o Estado saneou a banca dándolle máis de 7.000 millóns de euros de todos os cidadáns”, subliñou Muíño. Os tres rexedores consideran que o Goberno galego é o único con capacidade para “falar de ti a ti” coa entidade financieira.

Tal e como souberon polos propios empregados de Abanca e polos veciños, a entidade financeira ten previsto pechar as oficinas de Zas, Baíñas e A Baña o vindeiro 8 de setembro. Este peche afecta directamente a unhas 10.000 persoas tanto destes concellos como doutros limítrofes.

Outras medidas conxuntas

Ademáis desta, os rexedores teñen en marcha outras medidas conxuntas entre as que figuran:

  • Solicitar unha reunión co Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela
  • Establecer contactos con algún ministro do Goberno de España que teña competencias na materia e con deputados do parlamento galego
  • Manter unha reunión con responsables de Abanca
  • Estudar a posibilidade de emprender accións legais 
  • Recollida de firmas nos tres concellos
  • Convocar unha manifestación ante a sede de Abanca 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

24 October, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 October, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 October, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 October, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 October, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 September, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.