empaquetado_mascarillas_concello_de_zas

Esta tarde comeza o reparto de 4.500 máscaras adquiridas polo Concello de Zas

Membros de Protección Civil e persoal municipal deixarán en cada vivenda das dezaséis parroquias do municipio un sobre con dúas mascarillas
 

Membros de Protección Civil e persoal municipal comezarán esta tarde a repartir casa por casa as 4.500 máscaras adquiridas polo Concello de Zas. En cada vivenda deixarán un sobre con dúas máscaras de tipo cirúrxico de triple capa e que contan con certificado CE para produtos sanitarios. O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, recoñece que “este reparto chega cun certo retraso e que nalgúns casos pode resultar escaso, dúas circunstancias que se deben ás dificultades para conseguir este material de protección”.

Co reparto deste material toda a veciñanza disporá dunha máscara hixiénica no caso de que teña que saír da casa e que non poda respectar a distancia de seguridade interpersoal. Ainda así, dende o Concello de Zas lembramos a importancia de seguir as recomendacións das autoridades sanitarias como quedar na casa e, no caso de ter que saír, manter unha distancia entre persoas de 1,5 a 2 metros. 

Para o empaquetado das máscaras contamos coa colaboración dos membros do equipo de goberno e de persoal municipal e seguíironse unha estrictas medidas de hixiene e seguridade. 

Outras medidas

En parelo, o Concello de Zas puxo en marcha dende o inicio desta crise sanitaria novas medidas co de fin de protexer á toda a veciñanza e de garantir o seu benestar. Desinfección de colectores, dos exteriores dos establecementos que continúan abertos e das zonas máis concurridas estes días, entrega de produtos de 1ª necesidade ás persoas máis vulnerables nestes momentos, reparto de material de protección entre persoal dos Centros de Saúde, persoal do Servizo de Axuda no Fogar, membros de Protección Civil, Policía Local e traballadores municipais que realizan as labores de desinfección e colaboración cos centros educativos do municipio para dotar dos recursos escolares necesarios a todo o alumnado. 

Por outra parte, cabe recordar que a actividade continúa no Concello de Zas ainda que as súas instalacións permanecen pechadas ao público para evitar a propagación do coronavirus. A veciñanza que o precise pode contactar previamente a través do número de teléfono 981 70 80 03 onde serán atendidos por un funcionario municipal e polo propio Alcalde de Zas, Manuel Muíño. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 February, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 February, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 February, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.