KM_C364e-20190703100519

O Campo Municipal Platas Reinoso de Baio acolle unha nova edición do DéporCampus

Se tes fillos/as entres 6 e 14 anos xa os podes anotar neste encontro deportivo que terá lugar entre o 29 de xullo e o 2 de agosto

Un ano máis, e xa van tres, o Concello de Zas e o RC Deportivo veñen de renovar a súa colaboración para a celebración dunha nova edición do DéporCampus e fomentar así o deporte entre os máis novos.

O DéporCampus Cabreiroá 2019 terá lugar entre o 29 de xullo e o 2 de agosto no Campo Municipal Platas Reinoso de Baio. Técnicos da canteira do RC Deportivo serán os encargados de dirixir as diferentes sesións de adestramento nas que os participantes terán a oportunidade de mellorar as súas habilidades, gozar do xogo, facer novas amizades e vivir experiencias únicas. O Dépor Campus está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos e o prazo de inscrición está aberto ata as 12:00 horas do 25 de xullo.

As tarifas son de 120€ a normal e de 100€ a bonificada e nela inclúese equipamento deportivo cun deseño exclusivo, seguro de accidentes deportivos, auga e froita durante os adestramentos, diploma e unha festa de clausura con agasallos. As persoas interesadas poden ampliar información e/ou inscribirse a través do enderezo web deporcampus.rcdeportivo.es

Os DéporCampus Cabreiroá 2019 realizarase ne 15 sedes diferentes (10 en Galicia, 1 en Cantabria e 4 fóra do territorio nacional).

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 February, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 February, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.