presentacion_festa_carballeira_zas_2019

A 36 edición da Festa da Carballeira xa está aquí

  • Susana Seivane, As Tanxugueiras, Monoulius Dop, Korrontxi, Celc Social Club, Fourth Moon e Baiuca serán algúns dos grupos que actuarán os días 2 e 3 de agosto en Zas
  • As entradas xa están á venda cun prezo especial de saída que se manterá durante este mes de xuño

 

 

Esta mañá tivo lugar a presentación do cartel e das novidades da 36º Edición da Carballeira de Zas; unha cita obrigada para todos os amantes do folk que se celebra, como vén sendo hatibual, a primeira fin de semana de agosto (venres 2 e sábado 3).

O Alcalde de Zas e tamén Deputado, Manuel Muíño Espasandín, asitiu á presentación oficial do evento que se celebrou esta mañá na Coruña. Ao acto tamén asistiu a vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei; ademáis de Víctor Mantiñán, responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia, a gaiteira Susana Seivane; e Fidel Otero, técnico do Concello de Zas.

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, animou á participación na festa e destacou a relevancia que supón en canto promoción da nosa música. “Estamos nun festival que é música e natureza, encontro e festa… unha cita ineludíbel do verán que é a época dos festivais, esas plataformas de difusión cultural cos que nos comprometemos desde a Deputación da Coruña”, sinalou na súa intervención.

Pola súa banda, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, declarou que “é unha honra poder seguir presentando este evento como referente da cultura de Zas e da música folk”; mentras que o responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia, Víctor Mantiñán, resaltou que “é un honor apoiar os eventos en Galicia e poder traballar na Carballeira”.

Ademais, a gaiteira Susana Seivane, un dos pratos fortes desta edición, quixo participar da presentación apoiando á directiva do festival. Seivane, para a que actuar na Carballeira “era unha débeda pendente”, ofreceu un pequeno concerto aos presentes, como adianto da súa actuación o día 2 de agosto. Neste ano, a Carballeira de Zas énchese de tradición galega grazas a artistas como Perfusión, que abrirá a festa, Susana Seivane coa súa gaita, as pandereteiras Tanxugueiras, Dakidarria ou Monoulious Dop. Ademais, o festival volverá a ofrecer a posibilidade de gozar de recoñecidos grupos do ámbito nacional, como os vascos Korrontxi e internacional, coa banda bretona Celtic Social Club e os irlandeses Fourth Moon.

Rematarán a festa, o sábado de madrugada, o grupo escocés Tide Lines e o galego Baiuca. A clásica sesión vermú da Carballeira ofrecerá as actuacións de Os Farrapos, Fourth Moon, Vudú e unha regueifa con Lupe Blanco e Alba María.

 

As entradas para o festival poderanse mercar dende hoxe mesmo na páxina www.festadacarballeira.com e a través de Ticketea, tendo un prezo de saída de 10€, o bono para os dous días, tarifa que se manterá durante o mes de xuño. En xullo pasará a costar 12€. A venda en taquilla será de 15€, bono de dous días.

Unha das novidades máis importante este ano será o acordo solidario ao que chegaron a organización do festival coa Fundación Íntegro, Asociación de persoas con diversidade funcional das bisbarras de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra. De cada entrada mercada online doarase 1€ á asociación. Un xesto co que a Carballeira apoia e recoñece o labor desenvolto pola Fundación. Como en pasadas edicións os asistentes poderán contar con zona de acampada gratuíta, baños e duchas. Evento familiar Un ano mais, a tarde do sábado na Carballeira de Zas está pensada para o desfrute de maiores y pequenos, contando con unha zona de gastronomía, espazo lúdico infantil, feira de artesanía e diferentes actuacións a partir das 14:00 horas.

Fonte: Deputación de A Coruña

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 February, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 February, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 February, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.