reunion_xurado_Mostra_de_Teatro_Afeccionado_Labarta_Pose

Chega a IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” con cinco obras para todos os gustos

As representacións serán os días 23 e 30 de marzo e 6, 13 e 27 de abril repartidas entre os Auditorios de Zas e de Baio

A IV edición da Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” xa ten finalistas despois de que o xurado visionase as 43 obras de teatro que se presentaron para participar neste certame; unha cifra que bate a mellor marca de participación de todas as edicións. A mostra, organizada polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura, terá lugar os días 23 e 30 marzo e 6, 13 e 27 de abril cos Auditorios de Zas e de Baio como centros da mostra. As funcións comezarán ás 21:30 horas e a entrada é, como sempre, de balde.

Na IV Mostra de Teatro representaranse cinco obras de teatro afeccionado para todo tipo de públicos e gustos, xa que haberá musicais, dramas e incluso comedias moi serias.

O xurado desta cuarta edición do certame está formado por: 

  • Alberto López Villar, Membro do grupo de Teatro Badius
  • Ricardo Vigueret Gil, Membro do grupo de Teatro Badius
  • Pablo Soto Videla, Membro do grupo de Teatro Badius
  • Fidel Otero Pazos, Técnico de Deportes do Concello de Zas
  • Manuel García Velo, Concelleiro de Cultura do Concello de Zas

A primeira representación é o próximo sábado, 23 de marzo, coa obra de teatro “Insania”, da Agrupación Teatral Mariñán de Betanzos. Esta é unha comedia “moi seria” para maiores de 12 anos que se representará no Auditorio de Zas.

Logo será a quenda de “Bolboretas: A Vinganza”, de Pinchacarneiro Teatro que traen dende Noia esta comedia musical. A representación é o 30 de marzo no  Auditorio de Baio e está dirixida a maiores de 16 anos.

A mostra continúa durante o mes de abril. Así, o día 6, o Auditorio de Baio acolle a obra de teatro “Chicago”, do Grupo de Teatro Ultreia de Ortigueira. Este é un musical ao que poden asistir os maiores de 12 anos.

O día 13 de abril tocaralle subir ao escenario ao elenco de Sen Cancelas Teatro, de Santa Comba, que nos traerá ao Auditorio de Zas o seu drama “2010”. A obra é para maiores de 12 anos.

Gargallada Teatro, de O Barco de Valdeorras, será a compañía encargada de pechar esta IV Mostra de Teatro o día 27 de abril. Farao coa representación da comedia “O Xogo de Versalles” que terá lugar no Auditorio de Baio e á que poderán asistir os maiores de 8 anos.  

Premios

A mostra repartirá 3.500 euros en premios que se repartirán en cinco premios de 900, 800, 700, 500 e 400 euros cada un que outorgará o xurado e outro premio de 200€ para a mellor obra valorada polo público. Ademais do premio en metálico, os gañadores recibirán un trofeo conmemorativo e un diploma acreditativo.

Para a entrega de premios haberá que agardar ata o 9 de xuño, día no que tamén terá lugar a clausura da XII Escola Municipal de Teatro Infantil nun acto que se celebrará no Auditorio de Baio a partir das 18:00 horas. Con esta mostra de teatro, o Concello de Zas demostra o seu compromiso coa cultura, especialmente no ámbito das artes escénicas, e por outra, pon en valor o teatro feito en Galicia e en galego.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

24 October, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 October, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 October, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 October, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 October, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 September, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.