cartel_entroido_Zas

Zas preparase para un entroido cargado de filloas e de actividades para todos os públicos

O pavillón de Zas acolle o martes de entroido, 5 marzo, un concurso de disfraces no que se repartirán máis de 1100 euros en premios e centos de filloas entre os asistentes

En Zas xa temos todo preparado para recibir o entroido cun completo programa de actividades no que teñen cabida todos os públicos. O entroido de Zas arranca cos obradoiros infantís que se desenvolverán os días 4 e 5 de marzo entre as 11:00 horas e as 13:00 horas no Centro Sociocultural de Zas e no de Baio. Estes talleres son gratuítos e están dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos. Para participar é necesario inscribirse nos números de teléfono 981 751 398 ou 981 718 056.

E xa na tarde do 5 de marzo, martes de entroido, concentraranse a maior parte das actividades do programa argallado polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura. A partir das 16:00 horas, o pavillón municipal de Zas abrirá as súas portas para que os máis pequenos desfruten da tarde coas sesións de xogos, talleres de maquillaxe e inchables que lle temos preparado. A troula continuará a partir das 19:00 horas, hora á que comeza o tradicional concurso de disfraces no que  se repartirán 1.170 euros en premios  e centos de filloas entre todos os asistentes. Os premios estarán repartidos da seguinte forma:

Categoría A (de 0 a 5 anos)

  • 1º premio: 80€
  • 2º premio: 60€
  • 3º premio: 40€

Categoría B (de 6 a 14 anos)

  • 1º premio: 80€
  • 2º premio: 60€
  • 3º premio: 40€

Categoría C (maiores de 15 anos)

  • 1º premio: 150€
  • 2º premio: 80€
  • 3º premio: 50€

Categoría D (grupos ou comparsas)

  • 1º premio: 200€
  • 2º premio: 150€
  • 3º premio: 100€

No concurso, tamén haberá un premio especial de 80€ para o mellor “Zaschoqueiro” para o que se terá en conta a orixinalidade, o aderezo artesanal e estrafalario e a súa caracterización polo descaro e o humor. O xurado estará composto por membros do Concellos de Zas e tres membros pertencentes a algunha asociación do municipio e premiarán a orixinalidade e singularidade dos disfraces, os materiais para a elaboración, a confección así como a posta en escena.

Para participar no concurso de disfraces é necesario anotarse previamente nas dependencias municipiais ou o propio día do certame antes das 18:00 horas no propio pavillón de Zas entregando debidamente cumprimentado o Anexo I das Bases do Concurso que se poden consultar na páxina web municipal a través do seguinte enlace: http://bit.ly/ConcursoDisfracesZas

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 March, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.