video_mellor_infantil

Xa coñecemos os gañadores do concurso de Nadal “PanxoliñaZas”

Os traballos premiados recibirán 100€ en metálico xunto cun diploma acreditativo

A cuarta edición do concurso de Nadal “PanxoliñaZas” xa ten gañadores.  Logo de visualizar todos e cada un dos oito traballos participantes, os gañadores foron consensuados polo xurado integrado por membros do Concello de Zas e doutras tres asociacións do municipio.

A relación de premiados é a seguinte:

  • Premio ao vídeo máis popular en Facebook: “Polo Nadal”, do CPI de Zas, que recibiu un total de 114 gústames durante o período de votacións na páxina oficial de Facebook do Concello de Zas
  • Premio a mellor presentación e posta en escena: “O Nadal do Allo”, de Os Petadores
  • Premio ao vídeo con máis fidelidade á tradición galega: “Canto de reis de Langueirón”, da Asociación de Baile Tradicional Churía
  • Premio ao mellor vídeo infantil: “Con un sombreiro de palla”, da Asociación A Pita Cega

Este é o cuarto ano que o Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura, organiza este concurso no que ano tras ano medra en participantes e que xa é unha peza máis do programa de Nadal de Zas. Con este certame preténdese formentar o uso da lingua galega e das novas tecnoloxías así como manter as tradicións.

O próximo sábado, 5 de xaneiro, terá lugar a entrega de premios no Centro Sociocultural de Zas ao remate da actuación infantil que acompañará á recepción dos Reis Magos.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

24 October, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 October, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 October, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 October, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 October, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 September, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.