O Concello de Zas amplía a campaña de verán que comezou o pasado mes de xullo
Durante estes primeiros días de setembro, as piscinas municipais de Zas e Baio continuarán abertas. En concreto, o Concello de Zas alonga o horario ata o día 11 de setembro.
Desta forma amplíase nestas instalacións municipais a campaña de verán activa durante os meses de xullo e agosto para que toda a veciñanza poida continuar gozando do bo tempo que nos acompañará, previsiblemente durante os próximos días.
No seguinte enlace pódese consultar os horarios dos próximos días na piscina de Zas e na de Baio.