rolda_prensa_alcalde_zas

Arquivado o expediente sancionador pola contratación dun socorrista

  • A Xunta de Galicia considera que a actuación do Concello de Zas foi correcta
  • O Alcalde critica a utilización de información privilexiada por parte do portavoz do PP para intentar danar a imaxe do noso concello

 

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, vén de arquivar o expediente sancionador aberto en xullo do 2017 ao Concello de Zas pola contratación dun socorrista para a piscina municipal de Zas. A resolución confirma que, como se viña defendendo desde o goberno municipal, o Concello de Zas actuou correctamente.

Os feitos refírense a unha inspección realizada o 24 de xullo do 2017 na que, por parte do Servizo de Inspección Farmacéutica, detectouse que “a persoa que está exercendo as funcións de socorrista na instalación non acredita estar inscrito no Rexistro Oficial de Socorristas Acuáticos de Galicia, e no listado achegado pola Academia Galega de Seguridade Pública figura a súa solicitude de inscrición denegada”. Como consecuencia desa suposta irregularidade decretouse o peche preventivo da piscina municipal de Zas e a imposición dunha sanción de 15.025,31 euros, por unha presunta “infracción grave”, que foi notificada ao Concello de Zas o 2 de agosto de 2017.  

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, presentou un recurso de apelación no que alegaba que “segundo o Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas acuáticos de Galicia, non é necesario estar inscrito no rexistro para comezar a prestación das funcións de socorrista; sendo suficiente acreditar a solicitude e facer unha declaración responsable. Neste caso, (o socorrista contratado) solicitou a inscrición no antedito rexistro o día 04.05.2017”.

Agora, a resolución que vén de asinar a Consellería de Sanidade dálle a razón ao Concello de Zas, polo que se acorda “arquivar o procedemento sancionador […] pola presunta comisión dunha infracción administrativa moi grave”, ademais de sinalar que “ segundo o artigo 4 do Decreto 104/2012, do 16 de marzo, non é necesario estar inscrito no rexistro para comezar a prestación das funcións de socorrista; sendo suficiente acreditar a solicitude e facer unha declaración responsable”. Ademais, na resolución indícase que “non consta que existise posta en perigo da seguridade e salubridade pública na instalación dependente do Concello de Zas e que o Concello de Zas cumpriu a medida de peche provisional da piscina, emendando rapidamente a deficiencia asignando un novo socorrista; o que provocou o levantamento da dita medida a través de acordo da xefa territorial da Consellería de Sanidade na Coruña do 11.08.2017”.  Así mesmo, a resolución indica que se descarta a infracción.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, sinalou onte en rolda de prensa que lamenta os danos e prexuízos causados aos usuarios e usuarias da piscina municipal de Zas por este expediente que “é claramente político –segundo as súas palabras- xa que o portavoz do Partido Popular utilizou información privilexiada para danar a imaxe do Concello de Zas, tal e como se demostrou no pleno ordinario do 2 de agosto, cando o propio portavoz falou dunha sanción da cal o propio Concello aínda non tiña constancia”. Así mesmo, Muíño amosou a súa sorpresa polo feito de que esta resolución da Xunta de Galicia chegue no marco do recurso de reposición, un feito que cualificou de “inaudito”.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 April, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 March, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
25 March, 2026
O Concello de Zas será escenario este venres, 27 de marzo, da proxección do documental ‘A Costa e os castelos’, unha peza audiovis...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.