X Carreira Pedestre Concello de Zas

Aberto o prazo de inscrición para a X Carreira Pedestre Concello de Zas que se celebra o 7 de xuño

O punto de saída e de chegada estará ubicado na Praza do Concello

O vindeiro 7 de xuño pola tarde celebramos a X Carreira Pedestre do Concello de Zas, que está incluída no XI Circuito Correndo pola Costa da Morte no que participan outros nove municipios máis da zona. 

Ao igual que nas pasadas edicións, a maior parte dos percorridos discorren por tramos combinados de asfalto e camiños de terra, pasando por lugares como o paseo fluvial de Zas no caso da 10k, o que a convirten nunha das carreiras “máis verdes” de todo o Circuito Correndo pola Costa da Morte. 

Tanto o punto de saída como o de chegada estará situado na praza do Concello. Estas son as diferentes categorías e horarios de saída:

  • Sub 10: 17:10 horas
  • Sub 12: 17:25 horas
  • 3k Contra o Cancro Absoluta: 18:00 horas
  • 3k Contra o Cancro sub 14-16-18: 18:02 horas
  • 10k: 18:45 horas
  • Pitufos: 20:00 horas

Inscricións

O prazo de inscrición está aberto ata as 23:59 horas do vindeiro 3 de xuño e o custe é de 8€, máis 1€ de aluguer de chip. A participación nas categorías base é gratuíta sendo necesario anotarse previamente.

Na seguinte ligazón atoparedes toda a información relativa a este evento e tamén o lugar para realizar a inscrición: https://correndopolacostadamorte.com/es/web/evento/2955/

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

20 August, 2026
O Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, impulsado integramente polo Concello de Zas, acaba de superar o proceso de av...
17 August, 2026
O Concello de Zas celebrará o domingo 30 de agosto unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, que terá como escenario...
14 August, 2026
O Concello de Zas rematou as obras de consolidación e posta en valor do Camiño Real, antiga calzada romana de Brandomil, nunha int...
11 August, 2026
O Concello de Zas lembra que remata o prazo para anotarse na actividade ‘Mirada ao firmamento dende o pasado’, que se celebrará es...
30 July, 2026
O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto, xoves, unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na C...
28 July, 2026
O Concello de Zas volverá converter a primeira semana de agosto nunha gran festa da cultura. Entre o 3 e o 7 de agosto, o municipi...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.