universidade-senior-2024

Bota a andar a 6ª edición da Universidade Sénior

Do 1 ao 14 de febreiro está aberto o prazo de inscrición para todas aquelas persoas que desexen participar neste programa

Dende mañá, 1 de febreiro, e ata o 14 de febreiro está aberto o periodo de inscrición para participar na 6ª edición do Programa Universitario para Maiores de 50 anos organizado pola Universidade da Coruña, coa financiación da Xunta de Galicia e en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte e o Concello de Zas, e que se desenvolverá entre os meses de febreiro a abril, no Centro Sociocultural de Baio.

A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito online a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://universidadesenior.org/costa-da-morte/ )  ou presencialmente a través dos ADL (Axentes de Desenvolvemento Local) dos diferentes concellos, dende o 1 ata o 14 de febreiro.

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:

MÓDULO I. PATRIMONIO E SOCIEDADE

19 de febreiro, “O imaxinario social da natureza e os seus desastres” – Prof. Elvira Santiago Gómez

27 de febreiro, “A moda a través da historia” – Prof. Elvira Lezcano González

29 de febreiro  “Zas: Unha cidade e unha historia” – Prof. Miguel Abelleira Doldán

1 de marzo, Visita Cultural á Coruña – Prof. Miguel Abelleira Doldán

MÓDULO II. CIENCIA E TECNOLOXÍA

4 de marzo, “I+D e Innovación en Galicia”  -Prof. Alfonso Bravo Juega

5 de marzo, “Situarse no mar: o ceo como guía” – Prof. Alsira Salgado Don

11 de marzo, “Ciencia con datos” – Prof. Salvador Naya Fernández

12 de marzo, Saída de Campo á Casa das Ciencias (Planetario)  – Prof. Alsira Salgado Don

MÓDULO III. SAÚDE E BENESTAR

18 de marzo, “Factores de risco de demencia” – Prof. J. Luis Rodríguez-Villamil Fernández

19 de marzo, “Que e o edadismo? Reflexionando para acadar unha sociedade inclusiva – Prof. Raquel Veiga Seijo

1 de abril, “Augas termais e Saúde” – Prof. Rosa Meijide Faílde

2 / 3 de abril, Saída de Campo ao Balneario de Carballo Prof. Rosa Meijide Faílde

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos das comarcas de Costa da Morte, coa intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo desde a súa primeira edición o ano 2018.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 March, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 March, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 March, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 March, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 February, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 February, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.