campamentos-veran-zas2023

Mañá ábrese o prazo de preinscrición para os campamentos de verán organizados polo Concello de Zas

Este ano haberá diferentes quendas que se realizarán en diferentes localizacións; nas Torres do Allo, no Polideportivo de Zas e no Polideportivo de Baio

 

Mañá luns ábrese o prazo de preinscrición nos campamentos de verán organizados polo Concello de Zas e que este ano, como novidade, serán en diferentes localizacións do noso municipio. 

As preinscricións poden realizarase ata o día 22 de xuño e ao día seguinte, o 23, ábrese o período de confirmación e formalización das prazas. O número de participantes en cada unha das quendas está limitado e teñen preferencia os nenos e nenas empadroados no Concello de Zas. En todos os casos o horario é sempre de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, e o custo é de 10€.

As Torres do Allo acollerán durante os meses de xullo e agosto catro quendas nas que os /as participantes realizarán todo tipo de actividades (deportivas, culturais, manualidades,…). Estes campamentos están dirixidos para os nacidos/as entre o 2010 e o 2019 e estas son as datas de cada unha das quendas:

  • I Quenda: do 26 de xuño ao 11 de xullo
  • II Quenda: do 12 de xullo ao 28 de xullo
  • III Quenda: do 31 de xullo ao 14 de agosto
  • IV Quenda: do 16 de agosto ao 30 de agosto

Este ano tamén haberá campamentos multideporte nos que os participantes realizarán diferentes actividades deportivas e que están dirixidos aos nacidos e nacidas entre o 2010 e o 2017. Haberá dúas quendas; unha do 3 ao 7 de xullo no polideportivo de Baio, e outra do 10 ao 14 de xullo no polideportivo de Zas. 

Onde preinscribirse?

As preinscricións poden realizarse no Centro Sociocultural de Zas ou no Centro Sociocultural de Baio tanto presencialmente como a través dos números de teléfono 981 751 398 e 981 718 056. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 July, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 July, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 July, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 July, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 June, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 June, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.