V Mostra de Teatro Afeccionado "Labarta Pose"

O xurado elixe as cinco obras finalistas da VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

As representacións serán os días 15, 22 e 29 de abril e 6 e 13 de maio repartidas entre os Auditorios de Zas e de Baio

O xurado da VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose – formado por membros do Concello de Zas e do Grupo de Teatro Badius – vén de dar  a coñecer as cinco obras finalistas do certame que arranca o sábado 15 de abril. En total foron case 30 as obras que se presentaron e que chegaron dende compañías e grupos de teatro de toda a comunidade galega. 

Estas son as cinco obras finalistas:

  • “A Lola”, de Avelaíña Teatro. 15 de abril no Auditorio Municipal de Baio
  • “Arte”, de Hipócrita Teatro. 22 de abril no Auditorio do Concello de Zas
  • “Vacacións”, de A Tequerreté Teatro. 29 de abril no Auditorio Municipal de Baio
  • “Os veciños do lado”, de Fauna 113. 6 de maio no Auditorio do Concello de Zas
  • “A pena do cú do mundo”, de Carrachanacacha, no Auditorio Municipal de Baio

As funcións serán comezan sempre ás 21:00 horas e a entrada é de balde. O 20 de maio á tarde, o Auditorio Municipal de Zas acollerá o acto de clausura da Escola de Teatro do Concello de Zas e a entrega de premios da VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. 

Este é un certame organizado polo Concello de Zas, a través do seu departamento de Cultura, no que se reparten 3.500 euros en premios co fin de fomentar o teatro amateur feito en galego. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 July, 2026
UFD Informa: Estimado/a Señor/a Con el fin de efectuar los trabajos de mantenimiento y desarrollo de la red eléctrica precisos ...
9 July, 2026
Os alcaldes Cabana de Bergantiños, José Muíño; de Laxe, Francisco Charlín; e de Zas, Manuel Muíño, mantiveron unha reunión co dire...
7 July, 2026
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación ...
1 July, 2026
Os concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños veñen de presentar de forma simultánea e coordinada un recurso de reposición con...
26 June, 2026
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos recolleron máis de 1.200 recursos de reposición nos que se solicit...
25 June, 2026
O Concello de Zas presenta a súa programación de actividades para o verán 2026, unha completa oferta de propostas dirixidas a neno...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.