univesidade_senior_costa_da_morte_2022

60 persoas maiores de 50 anos participarán na nova edición do programa de democratización do coñecemento da Universidade Sénior

Mañá, ás 17:00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural de Baio a primeira das sesións 

 

Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co GDR Costa da Morte e o Concello de Zas, a 4ª edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores de 50 anos, que se desenvolverá no Centro Sociocultural de Baio. 

60 alumnos e alumnas maiores de 50 anos das comarcas que fan parte da Costa da Morte participarán entre febreiro e abril nun programa que se inaugura, ás 17 horas, coa presenza da Vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente, Nancy Vázquez Veiga, a Directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez, e mailo Presidente do GDR “Costa da Morte” e Alcalde de Zas, Manuel Muiño Espasandín. 

O Programa consta de tres módulos, impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, que abordarán as seguintes temáticas

MÓDULO I: Patrimonio Social e Cultural 

“Lingua e Literatura Galegas”. Prof. Xoan López Viñas. 23 de febreiro de 2022. 

“Camiños da Arte Contemporánea”. Prof. J. Ramón Soraluce Blond. 24 de febreiro de 2022 

“Catro etapas da Arquitectura antiga de Galicia”. Prof. Álvaro J. Iglesias Maceiras.  2 de marzo de 2022, cunha visita cultural no entorno, o día 4 de marzo de 2022, de 10:30 a 13:30 horas. 

MÓDULO II: Medio Ambiente e Sustentabilidade 

“Enxeñaría e Tecnoloxía Ambiental”. Prof. Manuel Soto Castiñeiras.9 de marzo de 2022 

“Agronomía do mar”. Prof. Javier Cremades Ugarte. 10 de marzo de 2022 

“Agronomía terrestre”. Prof. Federico Pomar Barbeito.  16 de marzo de 2022, cunha saída de campo no entorno da Costa da Morte, o venres 18 de marzo de 2022, de 10:30 a 13:30 horas. 

MÓDULO III: Saúde e Benestar 

“Viaxe cara un sono mellor”. Prof. Carmen de Labra Pinedo. 23 de marzo de 2022 

“Coidamos no fogar: Estratexias para coidadores de persoas dependientes”. Prof. Iván de Rosende Celeiro. 24 de marzo de 2022. 

“Educación para a Saúde: Exercicio terapéutico”. Prof. Isabel Raposo Vidal.  30 de marzo de 2022, cunha sesión práctica, o venres, 1 de abril de 2022, de 10:30 a 13:30 horas. 

 

O Acto de Clausura terá lugar o xoves, 31 de marzo, ás 17 h. coa Conferencia “Cine e Creatividade para Seniors”, a cargo de Domingo D. Docampo e Manolo Gómez, e entrega de diplomas 

 

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano mais ás persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte, respondendo as súas inquedanzas e necesidades formativas como xa ven facendo desde a súa primeira edición no ano 2018. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 April, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 April, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 April, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 April, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 March, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
25 March, 2026
O Concello de Zas será escenario este venres, 27 de marzo, da proxección do documental ‘A Costa e os castelos’, unha peza audiovis...
Logo concello de zas colorido
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.