visita-cpi-sanvicente

116 alumnos e alumnas do CPI San Vicente de A Baña coñeceron o patrimonio histórico e arqueolóxico de Brandomil

A vindeira semana pónse en marcha o programa de visitas guiadas que se realizarán todos os luns, mércores e venres do verán

Un total de 116 alumnos e alumnas do CPI San Vicente de A Baña realizaron este martes unha visita didáctica ao xacemento arqueolóxico de Brandomil. 

Guiados por Tania Carreira, técnica de Cultura do Concello de Zas; e por Enrique Iglesias, secretario xeral da Fundación Brandomil; tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man algúns dos elementos máis destacados do conxunto patrimonial de Brandomil; tales como a calzada, a ponte, o castro e as excavacións de Pedra do Altar que están consideradas como un dos xacementos arqueolóxicos máis relevantes de toda a comarca.

Os nenos e nenas dos diferentes cursos de Infantil e Primaria do CPI San Vicente completaron a súa experiencia cun obradoiro de barro, no que elaboraron cadansúa peza inspirada na cerámica antiga que logo levaron para as súas casas xunto co seu nome romano. 

Esta actividade enmárcase dentro do compromiso do Concello de Zas pola divulgación do seu patrimonio histórico e arqueolóxico entre a comunidade educativa e tamén entre toda a poboación; de aí que a partir da semana que vén ponse en marcha o programa de visitas guiadas que se realizarán de forma gratuíta ata o 15 de setembro todos os luns, mércores e venres. 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, destaca unha vez máis a relevancia do xacemento arqueolóxico de Brandomil e sinala que dende o Concello se está a facer un importante esforzo para conservalo nas mellores condicións posibles así como na súa posta en valor entre toda a pobación facendo un especial fincapé nos máis novos. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

12 June, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 June, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 June, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 June, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 June, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...
4 June, 2026
O Concello de Zas reafirma un ano máis o seu compromiso co benestar das familias e coa promoción de alternativas de ocio educativo...