Centro de información á muller

Descubre todo o que se desenrola dende o departamento de Centro de información á muller do Concello de Zas

Presentación do departamento de Centro de información á muller do Concello de Zas

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Zas é un servizo público e gratuíto que ten como finalidade ofrecer atención integral ás mulleres, acompañándoas en diferentes ámbitos da súa vida persoal, laboral e social. Este recurso constitúe un espazo de referencia e confianza, pensado para garantir a igualdade de oportunidades e a defensa dos dereitos das mulleres.

Entre as súas funcións principais destacan:

  • Informar, orientar e asesorar sobre dereitos sociais, laborais, xurídicos e educativos.
  • Prestar apoio e acompañamento a mulleres que sofren ou sufriron violencia de xénero, coordinando a atención cos servizos especializados.
  • Promover programas de formación, inserción laboral e emprendemento feminino.
  • Desenvolver accións de prevención e sensibilización social en materia de igualdade.
  • Apoiar iniciativas asociativas e comunitarias que fomenten a participación das mulleres na vida pública e cultural.

O CIM de Zas traballa en coordinación con outros recursos municipais, autonómicos e estatais, buscando sempre ofrecer unha resposta eficaz e adaptada ás necesidades de cada muller.

En definitiva, é un espazo pensado para empoderar ás mulleres, favorecer a súa autonomía persoal e profesional, e contribuír a construír unha sociedade máis igualitaria e libre de violencia de xénero.

Datos de contacto do departamento de Centro de información á muller do Concello de Zas

Directora do CIM: María del Carmen espasandin Lema.

Datos de contacto

Horario de inverno:

  • Horario de atención da directora do Cim: de luns a venres de 8:00h a 15:00h
  • Horario de atención psicolóxica (cita previa): os venres de 9:00h a 15:00h
  • Horario de atención xurídica (cita previa): os venres de 9:00h a 15:00h

Horario de verán: (15 xuño a 15 de setembro)

  • O horario de atención ao público: de 9:00h a 14:00h

Programas realizados polo departamento de Centro de información á muller do Concello de Zas

Contacta co departamento de Centro de información á muller

Rechea o seguinte formulario de contacto e en breve contactarán contigo dende Centro de información á muller do Concello de Zas.

En cumprimento do disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RGPD), e da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, infórmase de que os datos persoais recollidos a través deste formulario serán tratados polo Concello de Zas, na súa condición de Responsable do Tratamento, coa finalidade de xestionar as consultas, solicitudes ou comunicacións remitidas a través do mesmo.

  • Lexitimación: o tratamento baséase no consentimento da persoa interesada, prestado ao cubrir e enviar o formulario.

  • Destinatarios: os datos non se comunicarán a terceiros, salvo obrigación legal.

  • Conservación: os datos conservaranse o tempo necesario para atender a solicitude e cumprir coas obrigas legais correspondentes.

  • Dereitos: as persoas interesadas poden acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos, dirixíndose por escrito ao Concello de Zas (Rúa do Concello, nº 67, 15150 Zas – A Coruña) ou ao correo electrónico: concello@concellodezas.gal, acompañando copia do seu documento de identidade.

  • Máis información: pode consultar información adicional e detallada sobre protección de datos na Política de Privacidade da páxina web do Concello de Zas.

Amosar protección de datos