Hisilicon Balong

“Zas polo miúdo” percorre as dúas igrexas, o movemento asociativo e os persoeiros de Baio

Con esta nova entrega, xa está na páxina web do Concello de Zas toda a información sobre as 16 parroquias que compoñen o municipio

 

Despois de repasar nunha primeira parte os aspectos xerais da parroquia de Baio, xa se pode consultar na páxina web do Concello de Zas unha segunda entrega na que se abordan distintas curiosidades sobre a vila tales como o feito de ter dúas igrexas, algúns dos persoeiros máis relevantes nacidos ou vinculados con Baio, o seu movemento asociativo con algunhas das entidades deportivas e culturais máis antigas da comarca, as festas e a relación de bens do patrimonio artístico e arqueolóxico.

Toda a información foi recompilada por Evaristo Domínguez Rial e Xosé María Lema e na presentación desta 2ª parte destacan que “esta parroquia caracterízase polos moitos persoeiros que naceron nela ou que tiveron relación con ela”. No enlace pódese consultar a vida e obra de veciños como Agustín Martínez Ribera, retablista e escultor; Manuel Martínez Pose, mestre de capela e organista da catedral de Tui; Enrique Labarta Pose, poeta festivo e narrador de contos; Teodoro Morgade, poeta intimista morto na flor da mocidade; Xosé Collazo Martínez, canteiro e poeta emigrado en Buenos Aires; Roberto Veloso, cofundador das Mocedades Galeguistas de Buenos Aires; Carmen Balboa López, represaliada polo franquismo por ser irmá de quen era e mestra; Xosé Romero Lema, galeguista e amigo do poeta Manuel Antonio; Francisco Romero Lema, cronista local, estudoso da obra de Labarta e importante lexicógrafo; Maximino Romero Lema, arcebispo, alta xerarquía no Vaticano co papa Paulo VI e Fillo Predilecto de Baio pola súa filantropía; Uxío Romero Pose, bispo auxiliar de Madrid e prestixioso investigador da Historia da Igrexa; Ovidio Vidal Ríos, xeneral do Exército e ilustre endocrinólogo; Jorge Mira Pérez, catedrático Electromagnetismo da USC e importante divulgador da ciencia; Ricardo García Mira catedrático de Psicoloxía Social da UDC e deputado no Congreso dos Deputados; José Santos Reyes, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC; e Pepe de Valiña, destacado animador cultural e veciñal.

Información de interese

Con esta nova entrega,  xa está na rede toda a información polo miúdo das 16 parroquias que compoñen o municipio de Zas.

“Zas polo miúdo” é unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura, grazas a cal a veciñanza dispón na rede información detallada e ampliada sobre todas e cada unha das nosas parroquias resaltando datos demográficos, xeográficos, festas, patrimonio, persoeiros e outras curiosidades. Ao longo destes meses, este foi un dos apartados máis visitados dentro da web municipal.

 

Podes consultar a segunda parte completa aquí. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

24 octubre, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 octubre, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 octubre, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 octubre, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 octubre, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 septiembre, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.