parroquia_o_allo_zas

“Zas polo miúdo” percorre a parroquia de O Allo

A información, que se divide en dúas partes, pódese consultar a través da páxina web municipal

A  parroquia de O Allo é a protagonista dunha nova entrega de “Zas polo Miúdo”; un proxecto posto en marcha polo Concello de Zas co fin de dar a coñecer a información máis relevante de todas e cada unha das parroquias do municipio a partir da documentación elaborada por Evaristo Domínguez Rial e Xosé Manuel Lema. Toda a información está subida na páxina web municipal (www.concellodezas.org).

Debido ao importante valor artístico e monumental, os autores decidiron dividir a información sobre a parroquia de O Allo en dúas partes. Nesta primeira parte expóñense os principais datos acerca da súa xeografía, toponimia e a historia do primeiro pazo de Galicia: as Torres do Allo.

A parroquia de San Pedro de O Allo está formada polos lugares de O Allo, Casas Novas, A Cebola de Abaixo, A Cebola de Arriba, Os Muíños, Muriño, O Pombal, Regalado, Xerne  e O Regueiro do Allo – recentemente habitado – que suman en total unha extensión de sete quilómetros cadrados situados no punto máis o norte do Concello de Zas. En canto á súa demografía, a parroquia de Allo sempre tivo poucos habitantes pero tamén é a única freguesía de todo o concello que non perdeu poboación dende o ano 2000; incluso medrou nun 3,03%. A 1 de xaneiro de 2017 contabilizábase un total de 158 habitantes, un dato que dista moito dos 3 veciños que se pensa que había no ano 1607.

Durante os anos 1820 e 1823 O Allo foi concello e xunto cos concellos de Zas e Muíño pertencía ó partido xudicial de Vimianzo e á provincia única de Galicia; unha condición que perdeu co restablecemento do absolutismo e a volta ó Antigo Réxime. Nesta primeira entrega, os autores falan sobre a orixe do topónimo que, tal e como sinalan, hai catro teorías diferentes.

As Torres do Allo As Torres do Allo, considerado como o primeiro pazo galego, ubícanse nesta parroquia. Neste capítulo de “Zas polo Miúdo”, os autores fan un repaso sobre distintos aspectos deste monumento que hoxe é parada obrigada dentro do xeodestino Costa da Morte. O edificio e os terreos circundantes son propiedade da Deputación da Coruña desde o 1998. Tras un convenio co ente provincial, o Concello de Zas – a través da súa concellería de Cultura – é o encargado da xestión de vistantes. Mes a mes, as cifras van en aumento grazas, en parte, ao programa de actividades paralelas entre as que se enmarca unha visita teatralizada que ten moito éxito entre os visitantes. No próximo mes de maio está previsto subir a segunda parte da parroquia de O Allo á web municipal na que se ampliará información sobre a igrexa parroquial de San Pedro de O Allo, os escudos das Torres e da Igrexa, documentación histórica, persoeiros relevantes, os bens patrimoniais da parroquias así como outros elementos singulares tales como o souto, a fonte, o cemiterio, os muíños, etc. Con ésta son xa catorce as parroquias que se repasan polo miúdo na web municipal do Concello de Zas. A información pode consultarse a través do seguinte enlace: http://www.concellodezas.org/portal-cidadan/info-zas-miudo

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.