VII_Carreira_Pedestre_Concello_Zas

Xa están abertas as inscricións para participar na VII Carreira Pedestre do Concello de Zas

A proba, que forma parte do 7º Circuito Correndo Pola Costa da Morte, disputarase o 4 de xuño pola tarde

Despois de dous anos de parón, debido á situación sanitaria provocada pola Covid-19, o vindeiro 4 de xuño volve un dos eventos deportivos máis agardados: a VII Carreira Pedestre do Concello de Zas. 

A cita forma parte do 7º Circuito Correndo Pola Costa da Morte composto por dez carreiras que se disputan noutros tantos municipios. Teresa Castro Villaverde é a madriña desta edición.

As probas da VII Carreira Pedestre Concello de Zas disputaranse en horario de tarde e, como vén sendo habitual, haberá diferentes categorías. Estes son os horarios:

  • 16:30 horas: Benxamín
  • 16:45 horas: Alevín
  • 17:30 horas: Absoluta 3K Contra o Cancro
  • 17:32 horas: Infantil, cadete e Xuvenil
  • 18:15 horas: 10K Sénior, M40 e M50
  • 19:30 horas: Pitufos

O punto de saída e de chegada de todas as probas estará ubicado na praza do Concello de Zas. Aquí será tamén a entrega dos trofeos que se realizará ao remate de cada unha das probas. Os circuitos discorrerán por diferentes parroquias do noso municipio pasando por algúns dos lugares máis emblemáticos combinando tramos de pista de terra con asfalto. 

Inscricións

As inscricións en cada unha das probas pode realizarse a través da páxina web www.correndopolacostadamorte.com. O prazo remata o 29 de maio ás 23:59 horas e o custe é de 8€ + 1€. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

23 mayo, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...
22 mayo, 2026
O Concello de Zas deu a coñecer o importe da Beca da Filloa 2026, unha axuda de estudos destinada a apoiar a un ou unha estudante ...
19 mayo, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 mayo, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 mayo, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 mayo, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.