presentacion-programacion-torresdoallo-2025

Unha programación cultural rica e diversa agarda aos visitantes das Torres do Allo en 2025

As Torres do Allo comezan a quentar motores de cara á vindeira Semana Santa coa presentación do calendario de actividades culturais para 2025, que tivo lugar o mércores 26 de marzo a cargo do Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín.

O Alcalde subliñou o compromiso do Concello de consolidar o pazo máis antigo de Galicia como un referente cultural de primeiro nivel na Costa da Morte. Para acadar este obxectivo, a programación de 2025 aposta, un ano máis, pola calidade e a diversidade da súa oferta. Grazas ao convenio asinado coa Deputación da Coruña, o Concello de Zas destinará no 2025 máis de 25.000 € ao financiamento de actividades culturais e didácticas.

A primeira cita será coa chegada case inminente da Semana Santa, cando o pazo ampliará os seus horarios abrindo de maneira continuada entre os días 12 e 20 de abril en horario de 11 a 20h. Todas aquelas persoas que desexen afondar un pouco máis na apaixonante historia das Torres terán a posibilidade de participar nunha das visitas guiadas diarias que se farán ás 13 e ás 17h e os máis cativos contan coa opción do Xogo de Pistas “O legado de Francisca, unha viaxe polo pazo”, unha forma divertida e educativa de descubrir os segredos das Torres.

En maio recupérase unha actividade de moita tradición nas Torres do Allo. Referímonos á “Xornada do Xogo Tradicional” que se celebrará o sábado 31 pola mañá, nos exteriores do pazo, da man da Asociación Galega do Xogo Tradicional e Popular.

En xuño inaugurarase unha nova exposición temporal titulada “Riobóo, a saga do Allo”, dedicada á familia que edificou a primeira torre do pazo a finais do século XV e que foi propietaria do inmoble durante cinco séculos ata a súa compra pola Deputación da Coruña no ano 1998. Grazas aos Riobóo o pazo e couto do Allo converteuse nun dos pazos máis relevantes da Costa da Morte e consolidouse como símbolo de poder da fidalguía na comarca.

Ao longo do ano terán especial importancia as actividades orientadas a nenos e nenas entre as que destacan os obradoiros especiais temáticos. O primeiro deles terá lugar o 19 de abril para conmemorar o día mundial da Terra. Posteriormente, o 17 de maio farase un taller para celebrar o día das letras galegas, dedicado este ano á poesía popular oral; continuarase co tradicional obradoiro de San Xoán o 22 de xuño e rematarase o ano con dous talleres de nadal o 20 e 21 de decembro.

De cara ao verán, o pazo será tomado polos miúdos e miúdas durante as mañás no campamento “Zas no verán 2025” facendo xogos e actividades didácticas. Na tempada estival a música seguirá sendo un dos principais atractivos das Torres cos Monifates, un dúo musical composto por Alberto Millán Betanzos e Xosé Piñeiro Pérez, que se caracteriza pola súa orixinal proposta, combinando música en directo con marionetas e elementos teatrais. Fundado en 2015, o grupo creou un espectáculo para todos os públicos, onde a música e o humor conviven nun ambiente festivo e participativo.

Durante os domingos de xullo e agosto, os Quinquilláns volverán a deleitar ao público coas populares visitas teatralizadas. A través das figuras do célebre naturalista galego Victor López Seoane e a súa dona, Francisca Riobóo, primeira herdeira muller das Torres, os visitantes descubrirán os segredos e a historia do pazo dunha maneira amena e entretida.

O popular Escape Room do Allo regresa con forza, cunha nova narrativa e retos deseñados para o público xuvenil e adulto. Este apaixonante xogo de escapismo estará dispoñible baixo reserva nos meses de xullo, agosto e setembro.

O 31 de agosto festexarase a tradicional Romaría de San Ramón que este ano cae en domingo e reforzará a oferta de actividades. Comezará co Mercado de Artesanía
Tradicional pola mañá, continuará, na sesión vermú, coa actuación musical do grupo de música tradicional Unto Vello, formado por Bieito Pereira e Xabi Gómez, que fusionan
as súas voces, acordeón e diversos instrumentos de percusión; despois farase unha comida campestre nas agras contiguas ao pazo das Torres e pola tarde haberá concerto e obradoiro sonoro para nenos e nenas da man Cé Orquestra Pantasma.

En setembro, con data aínda por confirmar, terá lugar a IV edición da “Xornada sobre o Liño” na que se procurará mostrar e revalorizar todo o traballo que implica a creación dunha peza de liño artesanal que comprende desde a súa sementeira ata converterse nunha peza de vestir.

No outono, o Samaín tomará o Pazo das Torres do Allo o 26 de outubro. A programación especial para esta festividade incluirá un obradoiro para nenos e nenas,
magosto, música tradicional e unha sesión de contos con Ángeles Goás titulada “Caldo con Unto e osos de defunto”.

 

 

Presentacion programacion torresdoallo
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

29 enero, 2026
O Concello de Zas informa da apertura do prazo de inscrición para a oitava edición da Universidade Sénior da Coruña na Costa da Mo...
28 enero, 2026
A Real Academia Galega e o Concello de Zas presentarán o vindeiro venres, 6 de febreiro, ás 20:00 horas, a obra ‘Toponimia de Zas’...
18 enero, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe a súa nova páxina web municipal, que xa está dispoñible no dominio concellodezas.gal. Trátase dun...
16 enero, 2026
O Concello de Zas presentará este sábado, 17 de xaneiro, a súa nova páxina web municipal, que pasará a estar dispoñible no dominio...
15 enero, 2026
O Concello de Zas, a través da área de Cultura, inaugura este venres, 16 de xaneiro, unha nova exposición no Centro Sociocultural ...
14 enero, 2026
O Concello de Zas pon en marcha esta semana unha campaña integral de recollida e reciclaxe de envases de vidro dirixida ao sector ...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.