clausura_universidade_senior_zas_2022

Reciben o seu diploma os 62 alumnos e alumnas que participaron na 4ª edición do programa de Formación Universitaria para mariores de 50 anos da Costa da Morte

Esta tarde tivo lugar o acto de clausura no que participou o Alcalde de Zas, Manuel Muíño

O programa universitario para persoas maiores de 50 anos da UDC pechou esta tarde a 4ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento na Costa da Morte “Compartir Experiencias e Coñecementos”, que desenvolveu en no Centro Sociocultural de Baio con máis de 60 participantes, realizado en cooperación co GDR “Costa da Morte” e coa financiación da Xunta de Galicia. 

O acto de clausura do Programa de Formación Universitaria para Maiores contou coa presencia da Adxunta á Dirección da Universidade Sénior, Susana Iglesias Antelo; e de Manuel Muíño Espasandín, Alcalde de Zas e Presidente do GDR “Costa da Morte». 

O acto de entrega dos diplomas aos 62 alumnos e alumnas da Costa da Morte que remataron o programa formativo, será precedido dunha sesión especial coa conferencia “Cine e Creatividade para Seniors”, a cargo de Domingo D. Docampo e Manolo Gómez. 

Con este programa, a Universidade Sénior da Universidade da Coruña achegouse un ano mais ás persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte, respondendo as súas inquedanzas e necesidades formativas como xa ven facendo desde a súa primeira edición no ano 2018. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 septiembre, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 septiembre, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
14 septiembre, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 septiembre, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 septiembre, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.