Universidade Sénior nova edición do programa de Democratización do Coñecemento

A Universidade Sénior pon en marcha unha nova edición do programa de Democratización do Coñecemento dirixido a maiores de 50 anos

A Universidade Sénior da Coruña, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia e coa colaboración do GDR Costa da Morte e do Concello de Zas, unha nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores das comarcas de Costa da Morte, que se desenvolverá nos meses de abril e maio, no Auditorio de Baio.

A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse, dende o 12 ata o 22 de abril, de xeito on-line a través do espazos web respectivos:

• UDC Sénior Costa da Morte (https://udcseniorcostadamorte.wordpress.com/ )

ou presencialmente a través dos ADL de cada Concello do GDR “Costa da Morte”

O programa xira en torno ao Camiño de Santiago, e consta de tres palestras, impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, que abordarán as seguintes temáticas:

• «Santiago Apóstolo : Historia, Mito e Lenda», a cargo do Prof. Alvaro J. Iglesias Maceiras o 26 de abril, de 17 a 19 horas

• «A influencia provenzal na lingua e literatura a través do Camiño de Santiago” a cargo do Prof. Xoán López Viñas o 3 de maio, de 17 a 19 horas

 • «O Camiño: Paisaxes, Pontes e Fontes», a cargo do Prof. José Manuel Álvarez-Campana Gallo o 10 de maio 17 a 19 horas

Ao rematar a actividade formativa, o 10 de maio, partir das 19 horas  terá lugar os Acto de Clausura.

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano mais ás persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte e de As Pontes de García Rodríguez, respostando as súas inquedanzas e necesidades formativas como xa ven facendo desde o ano 2001, nos campus da Coruña e Ferrol.

Descargas

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 octubre, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 octubre, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 octubre, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 septiembre, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 septiembre, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 septiembre, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.