Obradoiros_Samain_Torres_do_Allo_

Os obradoiros de Samaín volven ás Torres do Allo o vindeiro 1 de novembro

Haberá dúas quendas, unha de mañá e outra de tarde, e poderán participar nenos e nenas de 4 a 12 anos

Debido á situación provocada polo Covid-19, este ano non se celebrará o tradicional magosto tal e como o viña organizando o Concello de Zas nos últimos anos. O que si se manteñen son os obradoiros de Samaín que están dirixidos aos máis novos da casa e que terán lugar o vindeiro 1 de novembro no propio pazo das Torres do Allo. Esta é unha actividade, organizada polo Concello de Zas a través do departamento de Cultura en colaboración coa Deputación da Coruña, e que está dirixida aos nenos e nenas de 4 a 12 anos. Realizaranse dúas quendas de dous grupos cun máximo de 4 participantes por grupo. A primeira quenda será de 11:00 a 13:00 horas mentras que a segunda será entre as 16:00 e as 18:00 horas. 

Seguindo o protocolo de prevención do Covid-19, os participantes deberán levar máscara e realizar unha inscrición previa en calquera dos Centros Socioculturais do noso municipio:

  • Centro Sociocultural de Zas: 981 751 398 (de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas)
  • Centro Sociocultural de Baio: 981 718 056 (de martes a venres de 15:00 a 21:30 horas e sábados de 10:00 a 18:00 horas)

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 marzo, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
25 marzo, 2026
O Concello de Zas será escenario este venres, 27 de marzo, da proxección do documental ‘A Costa e os castelos’, unha peza audiovis...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.