presentacion-resultados-carbono-14-brandomil

Os estudos do Carbono 14 datan a primeira ocupación de Brandomil no século I

Despois das catro intervencións arqueolóxicas realizadas en Brandomil e dos datos obtidos polas probas Carbono 14, realizadas por un prestixioso laboratorio de Miami, confírmase que Brandomil xa estivo ocupado no século I, o que o sitúa como un dos grandes xacementos romanos de toda a península. Os resultados presentáronse o pasado sábado nunha rolda de prensa que tivo lugar na Casa do Concello e na que interviron o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; o secretario da Fundación Brandomil, Enrique Iglesias; e o arqueólogo e director dos traballos, Lino Gorgoso.

Segundo os estudos, a «domus» atopada nunha das últimas intervencións realizadas na Pedra do Altar- e que é visitable – puido estar habitada entre o ano 50 e 60 do século I d.C. Tras un incendio a vivenda foi abandonada e volviuse a habitar, segundo indican os análises, 30 anos depsois. Ao longo deste ano realizaranse novos traballos arqueolóxicos que permitirán precisar que tipo de poboado había na zona ademáis de «poñerlle nome»; porque tal e como apuntou Lino Gorgoso «pensamos que se trata dunha vila». Nos traballos realizados recemente tamén se atopou un tramo do Camiño Real, que unía as localidades de Negreira e Muxía. Os resultados din que se trata dunha casa de grandes dimensións, con dous pisos e un vestíbulo, e que probablemente «non esté illada», indicou o Alcalde. En canto a climatoloxía o permita, excavaranse uns 150 metros cadrados máis, dos cales 140 corresponden á domus e o resto á vía romana atopada tamén nas últimas intervencións.

Durante a presentación dos resultados, Manuel Muíño ratificou o compromiso do Concello de Zas con este xacemento de «gran importancia» tal e como o fixo ata o de agora que se encargou de financiar as intervencións realizadas. «Somos o único municipio da Costa da Morte que inviste activamente en recuperar o seu patrimonio», sinalou o rexedor.

Os resultados das intervencións arqueolóxicas realizadas ata o momento en Brandomil recolleranse nun libro que verá a luz proximamente e tamén se expoñerán no XVII Encontro Arqueolóxico do Barbanza que terá lugar a vindeira fin de semana en Boiro.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

3 noviembre, 2026
O Concello de Zas resultou beneficiario dunha subvención ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 para a contratación dunha persoa ...
31 octubre, 2026
O Concello de Zas contará durante o curso 2026-2027 cunha nova edición do programa ‘Os Ratos de Lonxedetodo’, desenvolvido por Tri...
24 octubre, 2026
Baio acolle desde onte, xoves 22 de outubro, a sexta edición dos Premios Fouciño, un festival dedicado ao audiovisual galego que e...
18 octubre, 2026
O Concello de Zas porá o broche final á programación do ciclo ‘Afiando Fouciños’ o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa proxección...
9 octubre, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 octubre, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.