entrega_titulos_concentracion_parcelaria

Os días 20 e 21 de abril entregaranse os títulos de propiedade da concentración parcelaria de Baio

Será de 10:00 a 14:00 horas no Auditorio da vila

O Servizo de Infraestructuras Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural da Coruña vén de informar que se desprazará ao Auditorio de Baio os próximos días 20 e 21 de abril en horario de 10:00 a 14:00 horas para realizar a entrega dos títulos de propiedade da zona de concentración parcelaria de Baio. 

Os títulos poderán ser retirados polas persoas interesadas ou por outra persoa no seu nome que deberá presentar o seu DNI así como a autorización do propietario/a que se pode descargar ao final desta nova.

A documentación que non se retire durante os días sinalados quedará a disposición das persoas interesadas no Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural, situado no edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 6º andar da Coruña. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

9 octubre, 2026
O Concello de Zas oponse á decisión do Instituto Nacional de Estatística (INE) de fusionar as mesas electorais da parroquia de Muí...
6 octubre, 2026
O Centro Sociocultural de Baio inaugurou esta fin de semana unha nova tempada de exposicións despois do parón habitual durante os ...
1 octubre, 2026
O ciclo ‘Afiando Fouciños’ continuará este venres 2 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Zas, cunha nova sesión dedicada ao...
30 septiembre, 2026
O Concello de Zas retoma, despois do parón do verán, a programación de exposicións do Centro Sociocultural de Baio cunha mostra fo...
23 septiembre, 2026
O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19:0...
18 septiembre, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.