festa-maiores-zas-2023

O vindeiro 4 de maio celebramos a 25ª Festa dos Maiores

Están convidados todos os veciños e veciñas maiores de 60 anos e para asistir é necesario anotarse antes do 26 de abril nas dependencias municipais

O vindeiro 4 de maio celebramos no Pavillón Municipal de Zas a 25ª Festas dos Maiores de Zas; unha das citas máis agardadas por moitos dos nosos veciños e veciñas.

Como vén sendo habitual, as portas abriranse a partir das 12:00 horas e contaremos coas actuacións dos grupos de baile e música tradicional da Asociación Cultural Adro e de Churía de Zas Despois comezará o xantar de confraternidade e o Trío Karma amenizará a xuntanza durante toda a tarde.

Ao xantar están convidados todos os veciños e veciñas maiores de 60 anos así como as súas parellas, no caso de que teñan menos de dita idade. Para asistir é necesario anotarse nas dependencias municipais antes do 26 de abril e recoller o correspondente convite que deberá presentarse o día do xantar xunto do DNI – Documento Nacional de Identidade -. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 febrero, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 febrero, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.