presentacion-trail-filloa-zas1

O Trail da Filloa de Zas chega este domingo á súa sexta edición con máis de 900 participantes

Aínda que a maior parte das probas xa chegaron ao seu tope de inscricións, as persoas que o desexen poden anotarse antes desta noite no Trail Longo e no Gran Trail

Esta mañá presentouse no Salón de Plenos do Concello de Zas a VI edición do Trail da Filloa de Zas que se disputa o vindeiro domingo, 26 de febreiro. “Un ano máis Zas volverá a ser este domingo un referente neste tipo de eventos deportivos”, sinalou Manuel Muíño, Alcalde de Zas, durante a presentación. 

Como vén sendo habitual, os percorridos das diferentes probas discorren polos montes do noso municipio atravesando ribeiras, zonas de lama e subindo ata os puntos máis altos: Pico de Meda, Monte Brondo e O Pedrido (en Roma). En total son uns 75 quilómetros de percorrido que se limpiaron e, nalgúns casos abriron camiños, grazas á rede de colaboradores da Asociación Deportiva Monte Brondo que é a encargada de organizar este evento xunto co Concello de Zas.

Aínda que o prazo de inscrición se pecha esta noite xa “hai máis de 900 persoas inscritas”, segundo sinalou David Fernández – da Asociación Deportiva Monte Brondo – durante o acto de presentación que chegan dende moi diferentes puntos (Zas, Costa da Morte, de toda a comunidade galega, Barcelona, As Palmas, León, Lugo, Madrid, Ourense,…). Das cinco probas que se disputarán este domingo tan só quedan prazas para o Trail Longo, de 27 quilómetros, e para o Gran Trail, de 45 quilómetros. 

Coma sempre haberá zonas distintas zonas de avituallamento ao longo dos diferentes percorridos e tamén aparcamentos e gardarroupas gratuítos. E ao igual que os últimos dous anos, creará a “Beca para estudios” cos gastos que se destinaban a agasallos para os participantes. O importe entregaráselle de forma confidencial a un estudante empadroado/a no Concello de Zas que será seleccionado polo departamento de Servizos Sociais municipal. 

Probas

O VI Trail da Filloa está composto por cinco probas non competitivas que terán o punto de saída a praza do Concello de Zas, mentras que o punto de chegada será o pavillón de Zas onde se servirán as típicas filloas á pedra de Zas acompañadas de caldo e chourizos.

Estas son as diferentes probas:

  • Gran Trail 45 km 
  • Trail Longo 27 km 
  • Traill Curto 17 Km (prazas esgotadas)
  • Andaina 12 Km (prazas esgotadas)
  • Andaina 25 km (prazas esgotadas)

As inscricións están abertas ata ás 23:59 horas de hoxe a través da seguinte ligazón: https://inscripciones.empa-t.com/inscripcion/vi-trail-da-filloa-de-zas/?lang=es

 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 mayo, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 mayo, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
12 mayo, 2026
O Concello de Zas desenvolverá durante todo o mes de maio unha ampla programación cultural para conmemorar o Día das Letras Galega...
11 mayo, 2026
O Concello de Zas publicou no taboleiro de anuncios da sede electrónica unha convocatoria para proceso selectivo para a contrataci...
7 mayo, 2026
As Torres do Allo, dentro da programación cultural do Concello de Zas, organizan o vindeiro 16 de maio unha xornada especial con m...
3 mayo, 2026
O Concello de Zas, en colaboración coa Asociación BaiOn, organiza a Feira das Letras, que se celebrará do venres 8 ao domingo 10 d...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.