presentacion-punto-rojo-baio-2025-scaled-1

O Punto Rojo ponse en marcha con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Esta é unha actividade organizada polo Concello de Zas e a Asociación BaiOn

A vila de Baio xa está preparada para unha nova edición do Punto Rojo; un evento de promoción do comercio local organizado polo Concello de Zas e a Asociación BaiOn.

Ademais dos saldos de fin de tempada que atoparemos nos diferentes comercios asociados, outro dos pratos fortes deste evento que se celebra dende mañá venres e ata o domingo é a ruta de tapas que se presentou esta tarde na praza Jorge Mira Pérez. Acompañados do Alcalde de Zas, Manuel Muíño, representantes dos seis establecementos hostaleiros que participan nesta ruta mostraron as diferentes tapas que se poderán degustar durante estes tres días. O prezo será de 2,50€ cada tapa; 3,50€ tapa e quinto de cervexa; e 4,00€ tapa e viño. 

Todas aquelas persoas que merquen nalgún dos comercios asociados ou consuman unha tapa poderán completar unha tarxeta de cuños coa que entrarán no sorteo de 1.700€ que se repartirán en varios cheques. 

Actividades paralelas

O Punto Rojo completarase cunha programación paralela con actividades para todos os públicos. Durante a fin de semana haberá postos na rúa, onde os comercios expoñeran na vía pública as súas gangas, e tamén haberá un espazo para particulares que queiran darlle unha segunda vida ás súas prendas ou outros artigos.

Mañá pola noite, ás 22:00 horas, a praza Jorge Mira acollerá unha sesión de cine ao aire libre coa proxección da película “Antes de Nós”. E xa durante toda a fin de semana, instalaremos aquí inchables para os máis pequenos. No Centro Sociocultural de Baio haberá un obradoiro de cine para a rapazada, onde crearán unha curta que se proxectará na vindeira edición dos Premios Fouciño. E non faltará a música polas rúas durante todo o día. 

O Punto Rojo é unha iniciativa que ten como obxectivo a posta en valor do comercio local e a dinaminación sociocultural que está organizada polo Concello de Zas e a Asociación BaiOn.

Banner Actividade Subvencionada pola Deputación da Coruña
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 junio, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 junio, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 junio, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 junio, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 junio, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 junio, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...