pavillon-municipal-baio-renovacion-cuberta-scaled-1

O pavillón municipal de Baio e as súas instalacións permanecerán pechadas do 27 de outubro ao 5 de novembro para acometer as obras de renovación da cuberta

Estes traballos non afectan ao edificio do Centro Sociocultural de Baio, que estará aberto no seu horario habitual

O pavillón municipal de Baio e as súas instalacións (auditorio, pista deportiva e ximnasio municipal) permanecerá pechado dende o 27 de outubro ata o 5 de novembro con motivo das obras de renovación da cuberta do edificio e co fin de garantir a seguridade dos usuarios e usuarias. 

Os traballos, nos que o Concello de Zas inviste un total de 95.782,87€, consisten na retirada da cuberta actual e na substitución por unha nova coa que se mellorarán as condicións de uso favorecendo a estética, a seguridade e a hixiene das instalacións. 

Estas obras non afectan ao Centro Sociocultural de Baio que continuará aberto no seu horario habitual.

Plan de melloras e conservación

As obras de renovación da cuberta do pavillón municipal de Baio están incluídas dentro do plan de melloras e conservación impulsado polo Goberno Municipal de Zas. Estes traballos súmanse á reforma realizada a finais do 2020 coa que se mellorou a accesibilidade a utilidade do pavillón.

Esta reforma permitiu crear o primeiro ximnasio municipal de Zas dotado con dúas salas, unha de musculación e outra de cardio cos seus correspondentes equipamentos, que suman máis de 150 metros cadrados.

Nestes dúas actuacións, o Concello de Zas investiu máis de 200.000€.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 junio, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 junio, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 junio, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 junio, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 junio, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 junio, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...