CARTEL ZAS O Concello de Zas repartirá 2.600 euros en premios no seu gran concurso de disfraces do Entroido

O Concello de Zas repartirá 2.600 euros en premios no seu gran concurso de disfraces do Entroido

O Concello de Zas celebrará un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que o tradicional concurso de disfraces, que terá lugar o martes 17 de febreiro no Polideportivo de Zas, volverá converterse no acto central das festas.

Organizado polo Departamento de Cultura, o desfile repartirá un total de 2.600 euros en premios, unha das contías máis destacadas da comarca, consolidándose como unha referencia do Entroido na Costa da Morte.

A xornada comezará ás 17:00 horas cunha programación pensada especialmente para o público infantil, con inchables, maquillaxe e xogos, ademais das actuacións de Duende Circo e DJ Rokiño. O concurso de disfraces dará comezo ás 19:00 horas, convertendo o Polideportivo de Zas no epicentro do Entroido municipal.

O certame contará con varias categorías. As categorías infantís, A (0 a 5 anos) e B (6 a 14 anos), repartirán premios de 200, 150 e 100 euros para os tres primeiros postos. A categoría C, destinada a persoas maiores de 15 anos, contará con premios de 300, 200 e 100 euros. Ademais, establecerase unha categoría específica para Grupos e Comparsas, formadas por un mínimo de tres persoas, con premios de 400, 300 e 200 euros. O concurso complétase co Premio Especial ‘Zaschoqueiro’, dotado con 200 euros, que recoñecerá o personaxe máis peculiar, orixinal e estrafalario do desfile.

As inscricións para participar xa están abertas e poden formalizarse a través dos Centros Socioculturais de Zas (981 751 398) e Baio (981 718 056).

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destacou que “este concurso de disfraces é unha aposta clara por un Entroido participativo, con premios importantes e pensados para todas as idades”.

Campamentos de Entroido gratuítos, unha proposta diferencial

Xunto ao programa festivo, o Concello de Zas volverá poñer en marcha os campamentos de Entroido para a conciliación familiar, que se celebrarán os días 17 e 18 de febreiro, de 10:00 a 13:30 horas, nos Centros Socioculturais de Zas e Baio. Trátase dun servizo totalmente gratuíto, dirixido a facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares. Neste sentido, Manuel Muíño subliñou “o esforzo do Concello por ofrecer actividades gratuítas e de calidade, como os campamentos de Entroido, que facilitan a conciliación familiar e que nos sitúan como un dos poucos concellos que mantén este servizo sen custo para as familias”.

Máis actividades desde a fin de semana

A programación do Entroido complétase cunha ampla e variada oferta de actividades que dará comezo o sábado 14 de febreiro coa Festa de Entroido, que contará con inchables, maquillaxe, xogos e as actuacións de Asacocirco e DJ Rokiño. Ademais, instalarase unha cantina a beneficio do alumnado de 4º da ESO do IES Maximino Romero. A cita terá lugar no Polideportivo de Baio a partir das 17:00 horas.

O domingo 16 de febreiro celebrarase a segunda xornada do Entroido co obradoiro infantil ‘Vívoras de xoguete’, que comezará ás 16:00 horas nas Torres do Allo e estará organizado polo Concello de Zas coa colaboración da Deputación da Coruña.

Paralelamente ao obradoiro, as persoas visitantes poderán gozar da exposición temporal ‘Riobóo, a saga do Allo’, das visitas guiadas previstas para as 13:00 e as 17:00 horas, así como do popular xogo de pistas ‘O legado de Francisca’, deseñado especificamente para o público familiar.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 febrero, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 febrero, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 febrero, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.