25N_Concello-de-Zas_2025-scaled-1

O Concello de Zas reafirma o seu compromiso contra a violencia machista cun completo programa de actividades polo 25N

Ao redor do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Zas deseñou unha programación na que se incluen varias obras de teatro, obradoiros, cursos de autocoidado,…

Este xoves arranca un completo programa de actividades deseñado polo Concello de Zas ao redor da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres que se celebra cada 25 de novembro. Este ano o programa céntrase especialmente na concienciación e sensibilización do alumnado que estudan nos diferentes centros de ensino do noso municipio coa finalidade de fomentar valores de igualdade e respecto dende idades temperás. 

A programación, que se extenderá ata o 1 de decembro, busca concienciar, sensibilizar e formar á veciñanza contra esta lacra social. “Con esta programación o noso equipo de Goberno Municipal mostra o seu compromiso coa erradicación total da violencia machista”, sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín. Ademáis recorda o que Concello de Zas ten activo dende hai 24 anos o Centro de Información á Muller no que se atende de forma continuada a usuarias do municipio de Zas e doutros limítrofes como Vimianzo, Laxe, Ponteceso, Camariñas e Cabana de Bergantiños. 

A continuación debullamos o programa do 25N do Concello de Zas:

  • 13 de novembro. 18:00 horas. Auditorio de Baio.

A compañía Os Naúfragos Teatro interpretarán a obra “Bulebule” na que se exploran os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións. Esta obra de teatro está dirixida a todos os públicos maiores de 4 anos.

  • 22 de novembro. 20:00 horas. Auditorio de Zas.

Matrioshka Teatro interpretará a súa obra “Comadres en acción”, dirixida o público adulto. Esta é unha peza de temática feminista composta por diferentes escenas na que se tratan os micromachismos.

  • 24 de novembro. 09:30 horas no CEIP Labarta Pose e 12:00 horas no CPI de Zas.

O alumnado dos centros de ensino do noso municipio asistirá a un contacontos “Lúa triangular: nada é imposible”. Este é un contacontos baseado no libro “Marta e píntega”, de Eli Ríos, no que as protagonistas viaxan ao Mundo dos Contos para transformalo nun lugar mellor; máis diverso e máis xusto.

  • 25 de novembro. 08:45 horas no IES Maximino Romero e 11:15 horas no CPI de Zas.

Os alumnos e alumnas da ESO dos centros de ensino do Concello de Zas asistirán ao encontro “Cambia a letra. Escoita en Igualdade”.

  • 25 novembro. 09:20 horas no CPI de Zas e 12:30 horas no CEIP Labarta Pose.

O alumnado de 6º de Educación Primaria dos centros de ensino municipais participarán nun obradoiro de gorras personalizadas no que se fomentará a creatividade e a igualdade.

  • 26 de novembro. 20:00 horas. Auditorio de Baio.

O Auditorio de Baio acolle un espectáculo de narración oral dirixido ao público adulto que leva por título “Vicio houbo sempre”. A través desta peza faise unha mirada fresca e divertida á historias de vida de mulleres que superan os 80 anos de idade abordando temas como o desexo, a liberdade e o paso do tempo.

  • 1 de decembro. 16:00 horas no CPI de Zas.

O alumando da ESO do CPI de Zas asistirán a unha charla sobre a violencia sexual baixo o lema “Ferramentas para identificar, previr e actuar”.

Ademáis de todas estas actividades este mes de novembro tamén se pon en marcha unha nova edición do exitoso curso de regulación emocional. Esta formación realizarase todos os luns ás 18:30 horas no Centro Sociocultural de Zas dende o mes de novembro ata marzo. Para participar é necesario anotarse previamente no 981 70 83 03.

No programa do 25N tamén se inclúe unha formación sobre a “Mediación escolar no alumnado” dirixida aos alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO do CPI de Zas e do cal ampliaremos información proximamente. 

25N Concello de Zas 2025 scaled
Comparte en redes

Últimas novas publicadas

29 enero, 2026
O Concello de Zas informa da apertura do prazo de inscrición para a oitava edición da Universidade Sénior da Coruña na Costa da Mo...
28 enero, 2026
A Real Academia Galega e o Concello de Zas presentarán o vindeiro venres, 6 de febreiro, ás 20:00 horas, a obra ‘Toponimia de Zas’...
18 enero, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe a súa nova páxina web municipal, que xa está dispoñible no dominio concellodezas.gal. Trátase dun...
16 enero, 2026
O Concello de Zas presentará este sábado, 17 de xaneiro, a súa nova páxina web municipal, que pasará a estar dispoñible no dominio...
15 enero, 2026
O Concello de Zas, a través da área de Cultura, inaugura este venres, 16 de xaneiro, unha nova exposición no Centro Sociocultural ...
14 enero, 2026
O Concello de Zas pon en marcha esta semana unha campaña integral de recollida e reciclaxe de envases de vidro dirixida ao sector ...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.