Ao igual que nos últimos anos, o Concello de Zas colabora coas saídas de fin de curso que promoven os centros de ensino do noso municipio. Faino outorgando unha axuda a cada alumno/a empadroado/a no noso municipio e que participe nunha destas saídas.
Precisamente estes días o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; a Concelleira de Servizos Sociais, Natalia Espasandín; e a Concelleira de Educación, Pilar García; achegáronse ata os tres centros de ensino do noso municipio para facerlle a entrega á rapazada das solicitudes que deben presentar para poder obter esta axuda económica.
“Cada ano, o Concello de Zas destina unha media duns 1.000€ ao ano a esta liña de axudas que se suman aos case 40.000 euros que se destinan ás becas de estudo que se outorgan todos os cursos académicos”, sinala o rexedor, Manuel Muíño.