acondicionamento_aparcamento_acceso_tanatorio_campo_futbol

O Concello de Zas acondiciona as áreas de estacionamento e de acceso ao campo municipal de fútbol e ao tanatorio de Zas

Esta actuación, na que se invisten 92.000 euros, inclúe a ampliación da rede de pluviais, a prolongación dunha senda peonil e a construcción duns muros para a delimitación das parcelas

Aproveitando os últimos días de verán puxéronse en marcha as obras de acondicionamento das áreas de estacionamento e accesos ao campo municipal de fútbol de zas e ao tanatorio municipal. Para o Concello de Zas o obxectivo destes traballos é mellorar notablemente a estética e a accesibilidade da zona para o cal se invisten un total de 92.498,96€ con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña POS+ 2020 Complementario.

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e os Tenentes de Alcalde, Óscar Lema e José Manuel Brenlla; achegáronse ata a zona para ver a evolución das obras que está a executar a empresa Construcciones Cernadas S.L. 

Para mellorar a accesibilidade da zona delimitaranse e sinalizaranse as áreas de aparcamento tanto para o campo de futbol como para o tanatorio, mellorarase o firme oa aplicación dunha capa de aglomerado de 5 cm de expesor en toda a superficie e realizarase unha prolongación da senda peonil que vai cara o campo de fútbol. En canto á mellora da estética do lugar delimitaranse as parcelas mediante a execución de muros con deseños acorde á edificación recentemente realizada, ampliarase a rede de augas pluvias e mellorarase o alumeado público da zona con cableado soterrado.  

Estas son obras demandas pola veciñanza e que entran dentro plan de mantemento e conservación dos espazos públicos posto en marcha polo goberno municipal de Zas. 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

18 septiembre, 2026
.  As Torres do Allo acolleron este xoves a presentación dos VI Premios Fouciño, o festival de curtametraxes que se celebrará...
17 septiembre, 2026
A Deputación da Coruña achegará máis de 700.000€ ao desenvolvemento doutros proxectos no Concello, non incluídos no Plan Complemen...
14 septiembre, 2026
O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha...
12 septiembre, 2026
O Concello de Zas vén de realizar as denuncias e reclamacións pertinentes ante as administracións competentes para reclamar unha s...
11 septiembre, 2026
O histórico conxunto das Torres do Allo, considerado o pazo máis antigo de Galicia, pecha a súa campaña de verán de 2026 cun balan...
31 agosto, 2026
As Torres do Allo acolleron hoxe unha nova edición do Mercado de Artesanía de San Ramón, unha cita que volveu reunir artesás e art...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.