presentacion_universidade_senior_2

O Concello de Zas acolle por terceiro ano o programa de formación para maiores de 50 anos da Universidade Sénior da UDC

O prazo de inscrición está aberto do 5 ao 20 de marzo e pode realizarse de forma gratuíta a través do espazo web da UDC Sénior Costa da Morte ou a través dos ADL de cada concello 
 

 

O Centro Sociocultural de Zas acolleu esta mañá a presentación da III edición do programa  de formación universitaria para maiores de 50 anos que imparte da Universidade Sénior da UDC – Universidade da Coruña – por terceiro ano consecutivo no Concello de Zas.

Ao acto de presentación asistiron un bo número de alumnos e alumnas interesados/as en participar nesta experiencia e que, en moitos casos, xa asistiron ás pasadas edicións. O Alcalde de Zas e Presidente do GDR Costa Morte, Manuel Muíño Espasandín, aproveitou a ocasión para mostrar a súa satisfacción tanto pola gran acollida que ten este programa entre a veciñanza de toda a comarca así como porque a Universidade da Coruña elixira, unha vez máis, o Concello de Zas como a súa segunda sede.

O programa da presente edición divídese en tres módulos que se impartirán do 25 de marzo ao 8 maio no Auditorio Municipal de Baio. Cada módulo consta de dúas sesións teóricas, de dúas horas cada unha, e dunha sesión práctica ou saída de campo. As clases impartiranse os mércores e os xoves de 17:00 a 19:00 horas mentras que as sesións prácticas realizaranse pola mañá. Todos os módulos serán impartidos por profesores da Universidade da Coruña. O programa divídise da seguinte forma:

MÓDULO I: Patrimonio Social e Cultural

  • 25 de marzo e 1 de abril de 17:00 a 19:00 horas: Catro etapas da arquitectura antiga de Galicia. Impartido por Álvaro J. Iglesias Maceiras
  • 26 de marzo e 2 de abril de 17:00 a 19:00 horas: Lingua e literatura galegas. Prof. Xoán López Viñas
  • 17 de abril de 10:30 a 13:30 horas: Visita cultural ás Torres do Allo

MÓDULO II: Medio ambiente e sustentabilidade

  • 15 e 22 de abril de 17:00 a 19:00 horas: Enxeñaría e tecnoloxía ambiental. Impartido por Manuel Soto Castiñeira e Verónica Torrijos Pérez
  • 16 e 23 de abril de 17:00 a 19:00 horas: Agronomía de mar e montaña. Profesores: Javier Cremades Ugarte e Federico Pumar Barbeito
  • 24 de abril de 10:30 a 13:30 horas: Saída de campo ao entorno da Costa da Morte

MÓDULO III: Saúde e Benestar

  • 29 de abril e 6 de maio de 17:00 a 19:00 horas: Neurociencia con Carmen de Ladra Pinedo
  • 30 de abril e 7 de maio de 17:00 a 19:00 horas: Educación para a saúde dende o exercicio terapeútico. Prof. Isabel Raposo Vidal
  • 8 de maio de 10:30 a 13:30 horas: Sesión práctica de exercicio terapéutico 

E xa o 17 de xuño terá lugar no Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña o acto de clausura do programa. Co fin de facilitar a todo o alumnado que asista haberá transporte. 

Inscricións

Ao igual que nas pasadas inscricións, a inscrición é de balde e pode facerse de xeito online a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte ou presencialmente a través dos ADL de cada concello dende o 5 ata o 20 de marzo. 

Con este programa, a Universidade Sénior achégase un ano mais ás persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte, respostando as súas inquedanzas e necesidades formativas.  Ao acto de presentación tamén asistiron a Vicerrectora de Planificación Académica e Innovación Docente da Universidade da Coruña, Nancy Vázquez Veiga; e a directora da Universidad Sénior, Matilde García Sánchez. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 febrero, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 febrero, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.