acto-seminario-estudos-galegos

O Auditorio de Baio acolle o sábado un acto na honra de Francisco Romero Lema

Ao longo da mañá haberá diferentes relatorios e unha mesa redonda sobre a súa figura Esta é unha actividade organizada polo Museo do Pobo Galego, o Comité Pro Día das Letras Galegas Labarta Pose e o Concello de Zas

 

O Comité organizador dos actos do Centenario do Seminario de Estudos Galego, dependente do Museo do Pobo Galego, escolliu Baio para a organización dunha acto no que se honrará a Francisco Romero Lema, veciño da vila e un dos fundadores do Seminario de Estudos Galego.

O acto, que está aberto ao púlbico, terá lugar ao longo da mañá do próximo sábado no Auditorio de Baio e xa pola tarde (a partir das 16:30 horas) realizarse un roteiro literario-artística pola parroquia baiesa visitando os lugares de referencia da familia Romero Lema. Este é o programa:

  • 10:30 horas: Acto inaugural das xornadas no que intervirán o Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín; e Xosé Mª Lema, en calidade de representante do Padroado do Museo do Pobo Galego para o Centenario do S.E.G. en Baio
  • 10:35 horas: Manuel Vilar Álvarez, director do Museo do Pobo Galego, falará sobre o Seminario de Estudos Galegos, fundado en 1923
  • 11:00 horas: Conferencia de Xosé Mª Rei Lema sobre a “Vida e obra de Ramón Francisco Romero Lema. A fundación do S.E.G. segundo a súa versión”
  • 12:00 horas: Café
  • 12:30 horas: Mesa redonda sobre a familia Romero Lema de Baio na que intervirán Xosé Luis Axeitos, académico numerario da Real Academia Galega; Braulio Pérez Astray, director adxunto da Fundación Universidade da Coruña; e Xosé Mª Lema, historiador e académico correspondente da Real Academia Galega. A mesa estará moderada por Jorge Mira Pérez, presidente da Comisión Enrique Labarta para as Letras Galegas
  • 13:30 horas: Inauguración dunha vitrina na que se mostrarán as obras publicadas por Francisco Romero Lema
  • 14:00 horas: Clausura das xornadas
  • 16:30 horas: Ruta literario-artística pola parroquia de Baio

Esta é unha actividade organizada polo Museo do Pobo Galego, a Comisión Pro Día das Letras Galegas Labarta Pose e o Concello de Zas.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 mayo, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 mayo, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 mayo, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 mayo, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
12 mayo, 2026
O Concello de Zas desenvolverá durante todo o mes de maio unha ampla programación cultural para conmemorar o Día das Letras Galega...
11 mayo, 2026
O Concello de Zas publicou no taboleiro de anuncios da sede electrónica unha convocatoria para proceso selectivo para a contrataci...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.