IMG_6047_globos

Máis de 300 persoas tinguen de negro a praza do Concello de Zas en contra das violencias

Na concentración desta mañá participaron estudantes dos tres centros educativos do municipio, usuarios e usuarias da Asociación Íntegro, veciños e veciñas, persoal dos distintos servizos municipais e membros do Goberno Municipal

 

Máis de 300 persoas – entre os que estaban alumnos e alumnas dos CPI de Zas, do CEIP Labarta Pose de Baio e do IES Maximino Romero de Lema de Baio, usuarios e usuarias do Centro de Día e do Centro Ocupacional da Asociación Íntegro, veciños e veciñas, persoal dos distintos servizos municipais e membros do Goberno Municipal – participaron esta mañá na concentración en contra da violencias que tivo lugar ás portas da Casa do Concello de Zas. O acto, que tinguiu de negro a praza do Concello, realizouse ao mesmo tempo que outros 100 concellos galegos e deputacións, para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres e Nenas.

Durante a concentración, que se enmarca na campaña En Negro Contra as Violencias, a Concelleira de Igualdade, Patricia Senande, encargouse de ler a Declaración Institucional na que se rexeita a violencia contra as mulleres e as nenas. “Hoxe, 23 de novembro, desde o Concello de Zas queremos reiterar o noso compromiso para loitar pola erradicación das violencias contra as mulleres; amosando, ademais, o noso firme rexeitamento de quen as exerce e da complicidade de quen as silencia”, sentenciou a Concelleira de Igualdade.

Tras a lectura da Declaración, foi o alumnado dos tres centros educativos quen pediu o fin da violencia de xénero coa lectura de diferentes frases contra esta lacra e a favor da igualdade. “Quero decidir eu”, “Temos que respetarnos todos”, “Para entrar no corazón, non á violencia”, “Queremos vivir a nosa vida”, “No século XXI non queremos machismo” ou “Amor non é control”, foron algunhas das frases que leron os alumnos e alumnas durante o acto desta mañá. O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, expresou a súa satisfacción pola resposta ao chamamento feito pola Concellería de Igualdade e polo CIM de Zas para conmemorar esta data e ademais resaltou a enorme implicación do tecido empresarial, asociativo e deportivo nesta campaña de sensibilización na que participa o Concello de Zas por terceiro ano consecutivo.

 

Outra das actividades que se enmarcan na campaña son os obradoiros que se impartirán este luns, 26 de novembro, nos tres centros educativos do municipio. Baixo o lema “Violencia de xénero e novo contexto dixital”, os máis de 200 alumnos e alumnas que participarán nestes talleres afondarán na prevención das novas formas de violencia que xurden no contexto dixitial, tales como a ciberviolencia de xénero, gooming, sextorsión,… Pantallas Amigas será a encargada de impartir esta actividade organizada polo CIM de Zas, a través da Secretaría Xeral de Igualdade.

Os obradoiros impartiranse nos seguintes horarios:

  • 08:45 a 10:45 horas: IES Maximino Romero de Lema de Baio
  • 11:15 a 13:15 horas: CEIP Labarta Pose de Baio
  • 15:45 a 17:30 horas: CIP de Zas

Ademais destes talleres, o alumnado dos tres centros educativos asistirá o próximo día 29 ao espectáculo “Por unha peseta” que terá lugar no Auditorio de Baio da man da formación Apatacón, composta pola vocalista Faia Díaz e a cantadora Vero Rilo.

 

Ao final desta nova podedes ver máis fotografías da concentración así como os manifestos e frases que se leron.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 febrero, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 febrero, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.