Rede_viaria_Zas_2

Finalizan as obras de mellora na rede varia das parroquias de Vilar, Muíño e San Adrián de Castro

Nos traballos, que afectaron a case 16.000 m², investíronse máis de 111.000 euros

Nos últimos meses véñense desenvolvemento no Concello de Zas diferentes traballos dirixidos a mellorar a accesibilidade e a estética da rede viaria municipal na que se inclúen estradas asfaltadas, pistas e camiños forestais.

Algúns destes traballos levados a cabo recentemente consistiron na renovación do firme con aglomerado en varias vías do termo municipal e que en total supoñen un investimento de 111.754,02€. 

As obras desenvolvéronse nas parroquias de Vilar, Muíño e San Adrián. Concretamente nas estradas de Vilar a Artón; de As Abellas a Brandoñas e de San Adrián de Castro a Vilar e que en total suman case 16.000 m². Os traballos, adxudicados á empresa Farido S.L., consistiron  na limpeza e apertura da cunetas, no fresado das zonas onde foi necesario e na posterior renovación do firme cunha capa de aglomerado asfáltico en quente de cinco centímetros de groso.

Estes traballos entran no plan de mantemento e conservación de vías e espazos públicos posto en marcha polo Concello de Zas e que responden ás demandas da veciñanza. Ao longo deste ano, contémplase realizar melloras noutros viais de titularidade municipal.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

23 mayo, 2026
O Concello de Zas quere poñer en valor o traballo que se desenvolve diariamente na Galiña Azul. Desde o Concello quere trasladarse...
22 mayo, 2026
O Concello de Zas deu a coñecer o importe da Beca da Filloa 2026, unha axuda de estudos destinada a apoiar a un ou unha estudante ...
19 mayo, 2026
O Concello de Zas quenta motores para celebrar a IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Tanto é así, que o Concello acaba d...
17 mayo, 2026
O Concello de Zas celebrará o vindeiro domingo, 24 de maio, a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e ú...
15 mayo, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 mayo, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.