Exposición didáctica «Aves de Galicia»

A exposición didáctica «Aves de Galicia», estará aberta ao público dende hoxe, luns 30 de abril, ata o venres 4 de maio (o martes, 1 de maio permanecerá pechada) no Centro Sociocultural de Baio (Zas).

Trátase dunha exposición itinerante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Dirección Xeral de Conservación da Natureza) da Xunta de Galicia en colaboración coa Obra Social La Caixa, que pretende achegar a poboación ao medio natural a través das aves.

Está prevista a participación de todo o alumnado do CEIP Labarta Pose de Baio (115), 30 do CPI de Zas e 27 de 1º de ESO do IES Maximino Romero Lema.

Ademais tamén hai dúas visitas guiadas– o mércores e o venres, de 17:30 a 18:30h- reservadas para aquelas persoas adultas que queiran estar acompañados dun monitor que lles explique a exposición. OS interesados só teñen que achegarse para participar.

Deixámosvos as imaxes dos grupos de escolares de 1º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP Labarta Pose de Baio, de 1º e 2º do CEIP de Zas e do primeiro grupo de persoas adultas que participaron nas visitas guiadas.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

22 abril, 2026
O Concello de Zas organiza este sábado, 25 de abril, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Co...
15 abril, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.