zas-follasoutono-encontrocoasletras

Érica Esmoris e Andrea Micc guían mañá un “Encontro coas letras” que terá lugar ás 16:30 horas no Auditorio de Baio

Esta é a penúltima actividade do ciclo literario e cultural “Follas de Outono” que se realiza coa colaboración da Deputación da Coruña

Co obxectivo de gozar da literatura dunha forma directa e cercana mañá a partir das 16:30 horas temos no Auditorio de Baio unha das sesións dos “Encontros coas letras”, promovido pola Deputación da Coruña – a través da Biblioteca Provincial – e AGER – Asociación Galega de Escritores e Escritoras.

O “Encontro coas letras” que celebramos mañá estará guiado por Érica Esmoris e Andrea Micc, dúas escritoras galegas que farán un fronte a fronte coa comunidade lectora. A actividade terá lugar no Auditorio de Baio e comeza ás 16:30 horas. Está dirixida ao público xuvenil e adulto.

Esta é unha actividade que se enmarca no ciclo literario e cultural “Follas de Outono”, organizado polo Concello de Zas, que se puxo en marcha no mes de outubro e que nos ofreceu diferentes encontros literarios e outras actividades culturais ao longo destes meses.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 mayo, 2026
Tras unha difícil deliberación con preto de medio cento de propostas, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose elixiu...
14 mayo, 2026
O Concello de Zas rendeu homenaxe hoxe a Enrique Labarta Pose coincidindo co 101 aniversario do seu falecemento. O alcalde de Zas,...
12 mayo, 2026
O Concello de Zas desenvolverá durante todo o mes de maio unha ampla programación cultural para conmemorar o Día das Letras Galega...
11 mayo, 2026
O Concello de Zas publicou no taboleiro de anuncios da sede electrónica unha convocatoria para proceso selectivo para a contrataci...
7 mayo, 2026
As Torres do Allo, dentro da programación cultural do Concello de Zas, organizan o vindeiro 16 de maio unha xornada especial con m...
3 mayo, 2026
O Concello de Zas, en colaboración coa Asociación BaiOn, organiza a Feira das Letras, que se celebrará do venres 8 ao domingo 10 d...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.