follas-outono-castelao-cantareiras

Castelao e as Cantareiras son as protagonistas dos próximos eventos do ciclo literario e cultural “Follas de Outono”

María Lado preséntanos este domingo o seu libro “Canta miña compañeira. O legado das cantareiras” nun acto que terá lugar a partir das 18:00 horas no Auditorio de Baio

Continúa o ciclo literario e cultural “Follas de Outono” con dúas citas que xirarán ao redor de Castelao e das Cantareiras.

A próxima parada será mañá venres ás 11:00 horas no CEIP Labarta Pose onde a compañía Migallas Teatro representará a obra de teatro “Pegadas de Castelao”, coa que lle rendemos homenaxe a esta figura da nosa cultura coindindo co Ano Castelao no que se conmemora o 75 aniversario da súa morte. Ademáis, este día tamén está sinalado no calendario como o Día das Bibliotecas.

E o domingo, a programación volve ao Auditorio de Baio a partir das 18:00 horas onde teremos dúas citas. A primeira será a presentación do libro “Canta miña compañeira. O legado das cantareiras” na que estará a propia autora – María Lado – acompañada do Alcalde de Zas, Manuel Muíño. Ademáis de falar do seu libro haberá un coloquio co público. A continuación, o alumando do CEIP Labarta Pose representará a obra de teatro “As ferreñas (En vivo e en directo)”.

O ciclo literario e cultural “Follas de Outono” desenvolvese durante os meses de outubro e novembro coa finalidade de rendirlle tributo ás cantareiras, que este ano foron as protagonistas do Día das Letras Galegas e que tan presentes están e estiveron no noso municipio. 

Últimas novas publicadas

19 junio, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 junio, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 junio, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 junio, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 junio, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 junio, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...