Dende mañá, 1 de febreiro, e ata o 14 de febreiro está aberto o periodo de inscrición para participar na 6ª edición do Programa Universitario para Maiores de 50 anos organizado pola Universidade da Coruña, coa financiación da Xunta de Galicia e en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte e o Concello de Zas, e que se desenvolverá entre os meses de febreiro a abril, no Centro Sociocultural de Baio.
A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito online a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://universidadesenior.
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:
MÓDULO I. PATRIMONIO E SOCIEDADE
19 de febreiro, «O imaxinario social da natureza e os seus desastres» – Prof. Elvira Santiago Gómez
27 de febreiro, «A moda a través da historia» – Prof. Elvira Lezcano González
29 de febreiro «Zas: Unha cidade e unha historia» – Prof. Miguel Abelleira Doldán
1 de marzo, Visita Cultural á Coruña – Prof. Miguel Abelleira Doldán
MÓDULO II. CIENCIA E TECNOLOXÍA
4 de marzo, «I+D e Innovación en Galicia» -Prof. Alfonso Bravo Juega
5 de marzo, «Situarse no mar: o ceo como guía» – Prof. Alsira Salgado Don
11 de marzo, «Ciencia con datos» – Prof. Salvador Naya Fernández
12 de marzo, Saída de Campo á Casa das Ciencias (Planetario) – Prof. Alsira Salgado Don
MÓDULO III. SAÚDE E BENESTAR
18 de marzo, «Factores de risco de demencia» – Prof. J. Luis Rodríguez-Villamil Fernández
19 de marzo, «Que e o edadismo? Reflexionando para acadar unha sociedade inclusiva – Prof. Raquel Veiga Seijo
1 de abril, «Augas termais e Saúde» – Prof. Rosa Meijide Faílde
2 / 3 de abril, Saída de Campo ao Balneario de Carballo Prof. Rosa Meijide Faílde
Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos das comarcas de Costa da Morte, coa intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo desde a súa primeira edición o ano 2018.