colocacion_trampas_vespa_velutina_zas

Arranca unha nova campaña de trampeo para a vespa velutina

Xa se colocaron unhas 60 trampas autorizadas nas zonas máis sensibles do noso municipio

O Concello de Zas vén de iniciar unha nova campaña de trampeo para a vespa velutina que arrancou coa instalación dunhas 60 trampas autorizadas repartidas por todo o territorio municipal e colocadas naquelas zonas máis sensibles do noso municipio.  

Segundo sinalan os expertos na materia, a primavera é a época ideal para loitar contra esta praga xa que é o momento no que as raíñas se dispersan para construír novos niños.  Cada raíña capturada durante este período evita o exponencial aumento dos niños e de aí a importancia de poñer en marcha esta campaña de control que prolongará ata o mes de xuño.

As trampas, que conteñen un líquido que atrae ás velutinas, colocáronse xa nos puntos máis sensibles do noso municipio que responden a zonas soleadas e resgardadas do vento, nun radio de 150 metros do niño do ano anterior e próximas aos cursos de auga. Todas as trampas instaladas están identificadas cunha etiqueta na que figura o logo do Concello de Zas e revisaranse e renovaranse cada 15 días.

No 2018 capturáronse máis de 1.500 raíñas grazas a unha campaña similar a esta posta en marcha polo Concello de Zas. A rápida intervención e instalación das trampas evitou que se formasen 1.500 niños no noso concello e no seu contorno e ademais evitou o nacemento de 30 millóns de obreiras, xa que cada niños está composto por unhas 20.000 obreiras. Neste tipo de campañas é fundamental a colaboración veciñal, polo que dende o Concello de Zas lembrámoslle a toda a veciñanza a importancia de chamar ao Servizo de Emerxencias (112 ou 012) no caso de que localicen un niño.

Ao igual que ano pasado, o Concello de Zas destina así fondos municipais para loitar contra esta praga ainda que o equipo de goberno considera que esta loita é responsabilidade da Xunta de Galicia e non dos municipios.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

10 abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 marzo, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
25 marzo, 2026
O Concello de Zas será escenario este venres, 27 de marzo, da proxección do documental ‘A Costa e os castelos’, unha peza audiovis...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.