Ampliado o prazo para participar nos Premios Fouciño

O prazo de inscrición no concurso remata o vindeiro 8 de xuño

O Concello de Zas, organizador da III Edición dos Premios Fouciño, vén de ampliar ata o 8 de xuño o prazo de presentación da curtametraxes que se presenten ao concurso.

A participación divídese en dúas categorías; unha para centros de ensino e outra aberta para o público en xeral. En calquera dos dous casos a temática é libre e as pezas deberán ter unha duración máxima de cinco minutos e ser en galego ou posuír os subtítulos en galego. Entre todas as pezas presentadas na categoría libre seleccionaranse dez curtametraxes finalistas e outras tres de reserva. No caso da categoría para centros de ensino, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos, pasarán á final todas as curtas presentadas.

Repartiranse 1.000 euros en premios; dos cales, 300€ son para a categoría dos centros de ensino e 700€ para a categoría aberta. Ademais, os gañadores recibirán un trofeo. O público tamén poderá emitir a súa valoración das curtas participantes no certame e o traballo máis votado recibirá un trofeo. As Bases do concurso pódense consultar na páxina web municipal do Concello de Zas a través da seguinte ligazón: http://concellodezas.org/media/documentos/BASES_III_Premios_Foucino_Baio_29.05.2018.pdf

 

Festival

Os gañadores desta III edición dos Premios Fouciño coñeceranse o 30 de xuño no marco dun festival que pechará o certame. Ese mesmo día veremos por Baio a moitos dos referentes actuais no panorama audiovisual galego, entre eles Santi Romay, padriño da III edición dos Premios Fouciño. A programación do día 30 arrinca con dous obradoiros (un deles infantil e outro para público maior de 50 anos) e unha mesa redonda feminina composta polas irmáns Also Sister, por representantes da productora audiovisual Illa Bufarda, e por Laura Santos; unha veciña de Baio que vén de gañar a II ediciónda bolsa Nacho Mirás cun documental web sobre os mercados tradicionais galegos e que leva por título Feira. Ao longo da tarde proxectaranse as curtas participantes no concurso e xa entrada a tardiña terá lugar a entrega de premios. O certame remata cun festival de música no que estarán grupos galegos como Músculo, Mounqup, Igmig e Soulmacklein (antes Delahoja). Todos eles traerán a Baio unha música alternativa na que se misturarán ritmos como a electrónica, soul, jazz, reagge,…

Os días antes – do 25 ao 29 de xuño – desenvolverase a semana do audiovisual que na que se proxectarán distintas pezas audiovisuais entre as que están Pelegrinaxes; unha longa de Simone Saibene baseada nun libro de Otero Pedrayo; a película Historia dun satélite, na que as irmáns Also Sisters misturan comedia, ciencia-ficción e cine bélico; Costa da Morte de Lois Patiño; Fóra, colectivo na que se narran os fitos da loita contra a contaminación ambiental das multinacionais, as curtas Deuteronomio (de Marta Piñeiro) e Escarabana de Sara Casasnovas e e a premiada Matria, de Álvaro Gago.

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

1 marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
18 febrero, 2026
O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que ...
17 febrero, 2026
O Concello de Zas vén de poñer en marcha un Directorio Empresarial dentro da renovada páxina web municipal, unha iniciativa estrat...
15 febrero, 2026
Máis dun centenar de veciños e veciñas do concello de Zas acudiron á reunión convocada polo goberno municipal e deixaron clara a s...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.