coworking_costa_da_morte

Aberta a convocatoria para a 5ª edición do Coworking Costa da More

Todas as actividades son gratuítas xa que contan coa financiación do Fondo Social Europeo o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e o IGAPE

Entre decembro de 2019 e xuño de 2020 desenvolverase en Cabana de Bergantiños a 5ª edición do Coworking Costa da Morte; un espazo coworking froito da colaboración entre o EOI e o Instittuto Galego de Promoción Económica – IGAPE – que conta coa financiación do Fondo Social Europeo; o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e o IGAPE.

Como nas edicións anteriores, a metodoloxía a seguir será de un total de 100 horas de formación para cada emprendedor, organizadas en 40 horas de tutorías individualizadas, con mentores expertos que asignamos segundo o sector de actividade do proxecto, e talleres conxuntos (60 horas), orientados a adquirir coñecementos e desenvolver habilidades en distintos ámbitos (Lean Startup, Marketing Dixital, Financiamento, Comunicación, Xestión de RRHH, Técnicas de Ventas, etc.)
 

 

Ao igual que nas pasadas edicións, realizaranse diferentes tipos de actividades:

TALLERES

Asistencia de acceso libre (obrigatoria para os participantes do coworking). Axudaráselle aos emprendedores a validar o modelo de negocio con metodoloxías áxiles, así como a desenvolver as habilidades imprescindibles para poñelo en marcha: “Lean Start Up: Evaluación y validación de tu plan de negocio”; “Crowfunding”, “Estrategias de comunicación en redes sociales”, “Creatividad e innovación“, “Cómo poner en marcha un Plan de marketing digital”, etc.

SESIÓNS DE FORMACIÓN GRUPAL

Dirixidas exclusivamente aos participantes do coworking e, por tanto, de asistencia obrigatoria para os mesmos. Nelas traballaranse materias específicas para o impulso e despegue dos proxectos do espazo coworking: “Finanzas para emprendedores no financieros”; “Habilidades de Comunicación”, “Gestión del Talento en un proyecto emprendedor: diseña tu equipo”, etc.

 

MENTORIZACIÓN

Acceso dos participantes do coworking a sesións de mentorización por. parte de expertos centradas en acompañar aos emprendedores dende o deseño do modelo de negocio ata a posta en marcha e optimizaciión do proxecto, dando resposta ás necesidades que xurdan no camiño.

 

EVENTOS

Celebraranse diferentes actividades encamiñadas a potenciar o networking e compartir «best practices» contando coa experiencia de outros emprendedores/expertos e empresarios. Asistencia de acceso libre. Como peche á edición celebrarase o Demo Day durante o cal se presentarán os proxectos participantes no espazo coworking, a súa evolución e as posibilidades de colaboración cos mesmos. 

 

CONVOCATORIA

A convocatoria está aberta a emprendedores cun proxecto empresarial en fase temperá de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente (non máis de 6 meses antes da súa incorporación ao espazo coworking).

 

Todas as actividades son gratuitas para os participantes, xa que contan coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, a EOI e o IGAPE.

Estímanse en 22 os emprendedores que poderán participar nesta convocatoria. A convocatoria permanecerá aberta ata cubrir as prazas do Espazo Coworking. 

 

Máis infornación e inscricións: cwcabana@eoi.es

 

 

 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 marzo, 2026
O Concello de Zas presentou hoxe, sábado 14 de marzo, a programación cultural das Torres do Allo para o ano 2026, unha proposta qu...
14 marzo, 2026
O Concello de Zas aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, un documento clave para a o...
10 marzo, 2026
O Concello de Zas abre o prazo de inscrición para participar na IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, unha cita cultural...
1 marzo, 2026
O Concello de Zas organiza un compendio de actividades nos centros educativos da localidade no marco da conmemoración do 8M, Día I...
26 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Zas acollerá o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 h, o presentación da campaña contra a ves...
25 febrero, 2026
O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 h, a inauguración da mostra fotográfica e de p...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.