A partir do 2 de xuño pódese pedir cita previa en www.syctiv.com ou no número de teléfono 902 30 90 00
Unha unidade móbil da ITV de vehículos agrícolas estará na pista polideportiva de Muíño do 2 ao 5 de xullo. O horario de atención será de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. As persoas interesadas poderán pedir cita previa a partir do 2 de xuño a través da páxina web www.syctiv.com ou no número de teléfono 902 30 90 00.
Esta unidade centrarase na inspección de tractores, remolques e outros vehículos agrícolas especiais. Este é un servizo que se ofrece en colaboración co Concello de Zas para estes vehículos especiais que poden ter maiores dificultades á hora de desprazarse a un punto fixo de ITV.