proxecto-rios-baio1

A Carballeira de Baio acolle unha xornada de portas abertas organizada por ADEGA e o Concello de Zas sobre o programa de voluntariado ambiental “Proxecto ríos. Súmate á corrente!”

O vindeiro 3 de maio, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza – ADEGA-, en colaboración co Concello de Zas, presenta na Carballeira de Baio un dos seus programas de voluntariado ambiental máis emblemáticos: o “Proxecto Ríos”.

A xornada comeza ás 10:30 coa recepción das persoas asistentes na Praza Jorge Mira Pérez. A continuación, membros de ADEGA presentarán o “Proxecto Ríos. Súmate á corrente!” xunto coas actividades que se enmarcan neste programa. A xornada de portas abertas continuará cunha visita ao Río Grande, ao seu paso pola Carballeira de Baio, co fin de inspeccionar a calidade das augas e o estado de conservación da súa ribeira. O espazo foi escollido pola súa biodiversidade, bo estado de conservación e pola súa accesibilidade sendo un dos lugares naturais máis relevantes da Costa da Morte. Ademais, a Carballeira Municipal de Baio está integrada dentro do catálogo de Formacións Senlleiras. 

O proxecto Ríos, ao que se sumou o Goberno Municipal preocupado pola conservación dos seus espazos naturais, seguirá desenvolvéndose ao longo do ano con análises periódicos da calidade das augas.

Para participar nestas xornadas, que é totalmente gratuíto, é necesario anotarse previamente a través do seguinte formulario: https://forms.gle/2yxNzu4PZ9wGpRHUA

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

19 junio, 2026
Un total de 124 nenos e nenas participarán nos Campamentos de Verán 2026 organizados polo Concello de Zas, unha cifra que confirma...
12 junio, 2026
Os alcaldes de Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas manterán a vindeira semana unha reunión de traballo co obxectivo de coordinar pos...
10 junio, 2026
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, mantiveron unha reunión de traballo coas ANPAs do CEIP...
7 junio, 2026
O Concello e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos celebraron onte unha reunión informativa cos veciños de Fornelos para ana...
6 junio, 2026
A Casa do Concello de Zas acolleu esta tarde a presentación oficial da 57ª edición de Feirauto, un dos eventos máis consolidados d...
6 junio, 2026
O Concello de Zas acollerá o domingo, 14 de xuño, a XVII Concentración de Motos Antigas de Zas, unha cita xa consolidada no calend...