entrega_vehiculo_proteccion_civil1

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Zas incorpora un novo vehículo ao seu parque móbil

O Tenente Alcalde de Zas, Óscar Lema, e a Responsable da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Zas, Elena Ramos, recibiron esta mañá o novo Nissan Navara de mans do Director Xeral de Emerxencias e Interior e do Delegado Territorial da Xunta na Coruña

 

O equipo da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Zas vén de ampliar o seu parque móbil coa entrega, por parte da Consellería de Presidencia, dun novo vehículo tipo pick up. O Tenente de Alcalde, Óscar Lema; e a Responsable da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Zas, Elena Ramos; desprazáronse onte pola mañá ata Vedra onde recibiron o novo coche de mans do Director Xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e do Delegado Territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro.

Trátase dun Nissan Navara que conta con diversos equipamentos que mellorarán a mobilidade dos membros de Protección Civil e facilitará a realización dos traballos que desempeñan a diario tales como diferentes actuacións de prevención de riscos, a intervención en operativos de emerxencia ou a coordinación de actividades ou eventos nos que se concentran un gran volume de xente, entre moitas outras.

Xunto co de Zas, outros once concellos da provincia da Coruña reforzaron a súa equipación de emerxencias grazas á colaboración entre a Xunta de Galicia e as entidades municipais en materia de protección civil e emerxencias.

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 abril, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 marzo, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.