Programacion Nadal Zas 22-23

O Concello de Zas prepara un completo programa de actividades para vivir o Nadal

A programación arranca o próximo luns, 12 de decembro, e remata o 5 de xaneiro coa cabalgata dos Reis Magos

 

O Nadal xa está á volta da esquina e no Concello de Zas preparamos un programa de actividades para desfrutar desta época chea de ilusión e de maxia.

Aínda que hai actividades para todos os públicos, os verdadeiros protagonistas son os máis novos da casa e estes son os espectáculos que temos preparados para eles:

  • A programación arranca o próximo luns, día 12, co contacontos infantil “Viaxe a Sudamérica” que nos traen os ratiños de Lonxedetodo. Será ás 18:00 horas no Centro Sociocultural de Baio.
  • Ao día seguinte, o martes 13 de decembro, repiten a función no Centro Sociocultural de Zas. Tamén ás 18:00 horas.
  • O programa de Nadal tamén contempla diversos espectáculos nos centros de ensino do noso municipio. O primeiro deles será o día 15 ás 12:30 horas no Auditorio de Baio coa función “Cantaxoga”, de Migallas Teatro.
  • Trío Detres traenos o seu traballo “Máis ritmo” o venres 16 ás 10:15 horas ao Auditorio de Zas.
  • A música non pode faltar na programación de Nadal e o sábado 17 de decembro a partir das 17:00 horas temos no Centro Sociocultural de Zas o “Festival de Nadal” que nos chega da man dos alumnos e alumnas da Escola de Música Moderna de Zas.
  • O martes, 20 de decembro, Dani Polo traenos o seu espectáculo “Galemaxia”. Fará dúas funcións escolares; unha ás 10:15 horas no Auditorio de Zas e outra ás 12:30 horas no Auditorio de Baio. 

Obradoiros infantís

Outra das actividades que non poden faltar no noso programa de Nadal son os obradoiros infantís cos que axudamos á nosa veciñanza a conciliar a vida laboral e familiar. Este ano temos dúas propostas diferentes. 

  • A primeria será os días 17 e 18 de decembro (sábado e domingo) cun obradoiro de “Postais dende O Allo”. Será a partir das 16:00 horas e é de balde.
  • Do 26 a 30 de decembro temos o campamento “Zas Nadal” no que os máis pequenos terá pequenos obradoiros, actividades musicais, xogos e… moita diversión. Haberá dúas quendas, unha de 10:00 a 13:00 horas no Centro Sociocultural de Zas e outra de 16:00 a 19:00 horas no Centro Sociocultural de Baio.

Para asistir a calquera destas actividades é necesario anotarse previamente no Centro Sociocultural de Zas ou no de Baio ou a través dos seguintes números de teléfono: 981 751 398 / 981 718 056.

Para o público adulto

Coma sempre, no programa de Nadal organizado polo Concello de Zas en colaboración coa Deputación da Coruña, temos propostas para o público adulto.  

  • O sábado, 17 de decembro, Malasombra Teatro interpretará a súa obra “De algo hai que morrer” no Auditorio de Zas. Será ás 21:00 horas.
  • Este ano temos de novo un obradoiro de “Caixiñas de Nadal” para o público adulto que realizaremos os días 10 e 17 de decembro no Centro Sociocultural de Zas a partir das 16:00 horas. Ten un custo de 10€ por persoa e para asistir é necesario anotarse antes no 981 751 398 ou no 981 718 056.

A programación deste Nadal péchase coa tradicional Cabalgata de Reis que, un ano máis, percorrerá o noso municipio durante os días 4 e 5 de xaneiro. Melchor, Gaspar e Baltasar – acompañados do seu séquito de paxes – levarán a maxia e a ilusión aos case cen núcleos de poboación do noso concello e repartirán uns pequenos agasallos entre todos os veciños e veciñas que se acheguen a visitalos. 

O xoves, 5 de xaneiro, as SS.MM. Os Reis Magos farán un percorrido especial polas rúas de Baio e polas de Zas. En Baio será ás 18:00 horas e logo farán unha recepción real na Praza Jorge Mira Pérez. A festa rematará coa actuación de Os Trasnos de Nadal. E en Zas, comezarán o percorrido ás 18:30 horas e tamén farán unha recepción real na Praza do Concello. O fin de festa chegará da man do Mago Paco. 

Comparte en redes

Últimas novas publicadas

15 abril, 2026
O vindeiro sábado 18 de abril, o Centro Sociocultural de Zas acollerá a presentación do libro ‘Que quede entre nós’, da autora Jos...
10 abril, 2026
O Concello de Zas continúa coa súa campaña en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade, reclamando solucións urxentes an...
7 abril, 2026
O Concello de Zas celebrou o pasado domingo, 5 de abril, a inauguración oficial do renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en B...
2 abril, 2026
O Concello de Zas vén de clausurar este mércores, 1 de abril, unha nova edición dos campamentos de Semana Santa, unha iniciativa p...
1 abril, 2026
O Concello de Zas reabrirá este domingo, 5 de abril, o Estadio Municipal de Baio, Platas Reinoso, tras completar un ambicioso proc...
28 marzo, 2026
O Concello de Zas continúa a consolidar a súa programación cultural coa inauguración da exposición ‘Aires da Terra’, da artista Is...
Logo concello de zas colorido
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.