O Auditorio de Baio acolleu o pasado domingo o acto de entrega da V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose co que se pechaba este certame organizado polo Concello de Zas. No acto estiveron presentes o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, e membros do grupo de teatro Badius que formaron parte do xurado da presente edición.
E despois de moita intriga, por fin chegou a hora de coñecer os resultados que quedaron así:
▪ Premio á mellor obra elixida polo xurado (900€, trofeo e diploma acreditativo): «Un desastre de función», de Gargallada Teatro
▪ Premio á segunda mellor obra elixida polo xudado (800€, trofeo e diploma acreditativo): «Cásting», de Hipocrita Teatro
▪ Premio á terceira mellor obra elixida polo xudado (700€, trofeo e diploma acreditativo): «Sobre o mal que me fai o tabaco», da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada
▪ Premio á cuarta mellor obra elixida polo xudado (500€, trofeo e diploma acreditativo): «Crime desorganizado», da Agrupación Teatral Mariñán
▪ Premio á quinta mellor obra elixida polo xudado (400€, trofeo e diploma acreditativo): «Olimpo´s», de Farandoleiras Cabaré
▪ Premio ao mellor actor (trofeo e diploma acreditativo): Gonzalo Valcárcel, pola súa interpretación de Iván Ivanovich na obra «Sobre o mal que fai o tabaco», da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada
▪ Premio á mellor actriz (trofeo e diploma acreditativo): Natalia Fernández, pola súa interpretación de Úrsula Cimarrón na obra Cásting, de Hipócrita Teatro▪ Premio á mellor obra elixida polo público (200€, trofeo e diploma acreditativo): «Un desastre de función», de Gargallada Teatro